Moito artista hai en Ribeira! E 1984 non era un ano calquera... era case coma hoxe 2012. Cada pouco temos unha apocalipse, coma os porcos polo San Martiño!
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Moito artista hai en Ribeira! E 1984 non era un ano calquera... era case coma hoxe 2012. Cada pouco temos unha apocalipse, coma os porcos polo San Martiño!
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Incrible curta para pararse a reflexionar un anaco... Hai que vela ata a fin!
Vía Cachatronic
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
-As Javotas van Jopas-Parrochas Papudas.-Viquinjos da Tomasa.-Longueirons con collóns.-Os mexillons con toxina non se come, cochino.
É que con eses nomes nas peñas confunden a calquera. Azul marino, ma ri no!
E este 1 de maio, consertaso!!!!!
O vindeiro 1 de Maio ás 19:32 no Parque García Bayón contarán coa participación de: Generación Perdida, Pirufláuticos, Oito Ferrados + 3uMC e Ribeira Enferma.
Non hai que ir! Hai que arrebolarse, dorneiros!
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Antón Alcalde Rodríguez, compositor rianxeiro
Rianxo, 26 de abril de 2010. O vindeiro sábado, Día do Traballo, este 1 de maio de 2010, a Banda da Escola de Música de Rianxo cumpre xa sete anos. Vaino celebrar cun concerto monográfico do seu músico e compositor mozo máis senlleiro nestes momentos: Antón Alcalde.
A partires da unha da tarde, no auditorio rianxeiro, o programa será:
· Rúa da Fonte
· Suite Galaica.
· Pinocho.
· Serengetti.
· Pórtico.
· Contos da Aldeia.
Tanto Rúa da Fonte, como Serengetti e Contos da Aldeia son pezas de Alcalde que se estrearán este Día dos Pepes.
Relacionada: Antón Alcalde, premiado no certame da Federación Galega de Bandas de Música
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Crea a túa propia rede social en galego
O ENDL do IES da Pobra do Caramiñal pon a disposición de todo o mundo a tradución que vén de realizar da plataforma de creación de redes sociais Wackwall. Este servizo aínda está nos seus comezos, pero xa ofrece interesantes posibilidades. É social, de balde, sen publicidade e ten en desenvolvemento funcionalidades como a creación de grupos e eventos ou o aloxamento de arquivos. Confiamos en que tales condicións se manteñan, aínda que na rede nada é seguro. De feito, esta iniciativa parte do anuncio feito por Ning -onde abrimos varias redes educativas- de que deixa de ser gratuíto.
Tras traducir as 1.200 cadeas, aproximadamente, puxémonos en contacto coa plataforma para solicitar a inclusión do galego entre as (primeiras) linguas que se ofrezan como activábeis na administración de calquera sitio web aberto en Wackwall. Entregámoslle o arquivo e agardamos que esta opción non tarde en ser incorporada.
Mentres, para ter a túa rede en galego, sigue estes pasos:
- Descarga a versión en galego aquí (.ZIP), descomprímea e gárdaa nunha carpeta do teu computador.
- Entra na Administración (Admin) do teu sitio Wackwall e, despois de xestionar os plugins que che interesen, accede a Linguas (Languages) e preme en Linguas dispoñíbeis (Available Languages).
- Unha vez aí, clica en clonar o Inglés (CLONE); abrirase unha ventá que solicita o nome da lingua (pon Galego) e o ISO tag (pon gl-GZ). Terás o galego como lingua inactiva. Pois agora activa o Galego e desactiva o Inglés.
- Se tes a copia que chamaches Galego activa, elimina o Inglés (é importante facer isto).
- Engade abaixo os ficheiros .XML que descargaches, un a un (polo de agora non acepta o .ZIP), marcando as casiñas correspondentes e seguindo de cada vez o proceso que se indica. Xa terás o teu sitio galeguizado.
Cando se incorporen novas funcionalidades, actualizaremos este arquivo.
En relación con iso,unha das eivas actuais de Wackwall é carecer de editor, aínda que as caixas de texto admiten HTML. Xustamente, estamos a elaborar unha guía cos elementos da linguaxe HTML máis necesarios e empregados, que tamén pode ser útil para revisar anotacións de blogue e outros espazos de publicación na rede. Achegarase aquí en breve.
Parabéns por esta iniciativa, pero temos que confesalo: nunca escoitaramos falar de Wackwall. Dará resultado? Paga a pena outra rede social en galego se xa está en galego http://cabozo.com?
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
”Rueda faltou á verdade no Parlamento xa que 45 despois de entrar en vigor a lei de orzamentos xa tiveron que facer unha modificación de máis de 5 millóns de euros dirixidos a gastos improductivos como se pode comprobar na documentación remitida ao parlamento a través dunha modificación orzamentaria feita o 15 de Febreiro de 2010”, explicou Lage Tuñas
Rueda, á esquerda de Feijóo, nun consello da Xunta de Galicia
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia