Download now or preview on posterous
32333-POP Gasto corrente orzamento 2010 Consellería Presidencia-5´4% + que no 2009-.pdf (104 KB) ”Rueda faltou á verdade no Parlamento xa que 45 despois de entrar en vigor a lei de orzamentos xa tiveron que facer unha modificación de máis de 5 millóns de euros dirixidos a gastos improductivos como se pode comprobar na documentación remitida ao parlamento a través dunha modificación orzamentaria feita o 15 de Febreiro de 2010”, explicou Lage Tuñas
Rueda, á esquerda de Feijóo, nun consello da Xunta de Galicia
Lage TuñasLage Tuñas denuncia “o engano masivo de Rueda durante a tramitación parlamentaria do proxecto de lei de orzamentos para o ano 2010, xa que daquela gabouse de reducir o gasto corrente con respecto ao anterior goberno, cando era falso como agora se demostra”. “É unha clara mostra da enxeñería contable e de desprezo ás prácticas de transparencia no uso dos recursos públicos” apostillan dende o PSdeG. “Estarán na mesma situación o gasto corrente no resto da consellerías?” preguntábanse os socialistas galegos ao observar unha modificación orzamentaria feita só 45 días despois de ter aprobado un orzamento para o conxunto do ano 2010. “En corenta e cinco días descubriron que a electricidade, o teléfono e a limpeza eran gastos correntes necesarios e descubriron que se esqueceran de presupostalos corrretamente para intentar vender unha falsa austeridade como agora queda demostrado”, insistiu Lage Tuñas. ”Rueda maquillou as contas públicas para agochar fraudulentamente o gasto corrente da súa consellería, superior nun 5,4% ao do anterior goberno da Xunta de Galicia”, argúen, e a "modificación orzamentaria feita o 15 de Febreiro de 2010 evidencia que Rueda faltou á verdade no Parlamento xa que 45 despois de entrar en vigor a lei de orzamentos xa tiveron que facer unha modificación de máis de 5 millóns de euros dirixidos a gastos improductivos, co que Rueda vacía en 45 días a sección número 23 do orzamento destinada a atender continxencias durante todo o ano 2010”. “Están poñendo en risco a posibilidade de atender contixencias reais que poidan xurdir ao longo do ano, e fano recortando a partida de gastos de capital para destinalo a gasto non productivo”. “A transferencia de máis de 5 millóns de euros da sección 23 destinados inicialmente a gastos de capital, dedícanos a incrementar o gasto corrente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en máis dun 15% no capítulo II, poñendo en evidencia a nula austeridade do Goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo e a ausencia de contención no gasto non produtivo”, explicou o viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas. Os socialistas galegos entenden que “tamén terá que explicar o conselleiro da Presidencia como en só tres meses do ano 2010 ten que modificar o seu orzamento para incrementar o gasto corrente, xa que ou fixeron un orzamento irreal destinado a "vender" unha falsa austeridade, ou ben son uns malos xestores que descoñecían as necesidades de gasto corrente da consellería.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario