A actuación ten un orzamento de 1,2 millóns de euros e un prazo de execución de 6 meses
Entrada deteriorada á FieiteiraRibeira, 26 de abril de 2010.- O Concello de Ribeira informa de que xa está aberto o prazo para a presentación de ofertas para a realización da reforma para o Complexo Polideportivo Municipal de A Fieiteira que, cun orzamento de 1.241.103,84 euros, é a máis cuantiosa das actuacións promovidas pola Corporación Local que se incardinan dentro do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local. O prazo de execución da obra é de 180 días (6 meses), a adxudicación terá lugar a través dun procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración e con tramitación urxente, e as ofertas deberán presentarse no rexistro do Concello. O Complexo da Fieiteira xa experimentou no pasado diversas ampliacións e hoxe consta de dous edificios: un recinto polideportivo e unha piscina. Ademais, na zona exterior sitúase unha pista de atletismo con graderío, un campo de fútbol de céspede natural de 108x69 metros e un campo de fútbol de céspede artificial. O recinto polideportivo dispón de sala de kárate, vestiarios de árbitros, almacén, vestiarios de usuarios e sala de musculación en planta baixa, mentres que na planta alta ubícanse o graderío para espectadores, aseos e unha recta de atletismo interior. En canto á piscina, conta con dous vasos de natación, vestiarios, graderío e oficinas administrativas. Ambos edificios comparten acceso, que se sitúa no edificio dedicado a piscinas, e escaleiras e aseos de planta alta, que se sitúan no edificio polideportivo.
A nova actuación responde entre outros obxectivos á necesidade dun maior aproveitamento dos espazos existentes e á necesidade de diferenciación de circulacións dos distintos usuarios, abonados e non abonados. Con tal motivo, realizarase a separación dos distintos usuarios ubicando o vestíbulo de acceso no edificio polideportivo, construíndose un control de acceso para a zona de abonados e outra de acceso directo a usuarios. Na zona do polideportivo demoleranse as actuais dependencias utilizadas como vestiarios e construíranse uns novos; e ademais aproveitarase o espazo baixo gradas para situar tres salas de actividades, e construirase un almacén de pista na zona próxima ás escaleiras de acceso ás gradas.
O espazo ocupado pola actual recta de atletismo en planta primeira adecuarase para o seu uso como ximnasio. Para mellorar a accesibilidade tanto a este espazo como os outros que se sitúan en planta alta, construirase un ascensor.
No que respecta ao edificio que alberga os vasos de natación, ampliaranse e reformaranse os vestiarios e crearase unha nova zona de tratamentos accesibles dende a zona dos vasos. Ademais, substituiranse as máquinas de climatización e caldeiras existentes por outras de maior potencia e impermeabilizaranse e pavimentaranse as praias dos vasos e renovarase o revestimento do vaso de aprendizaxe.
En alusión á devandita zona de tratamentos ou wellness, deseñouse un circuíto cos seguintes servizos:
Ademais, dotarase á zona con equipamento de tumbonas térmicas que se colocarán na zona de praia e que conformaran a zona de descanso despois do tratamento do circuíto.

Dúas zonas de acceso

Ximnasio e ascensor
O espazo ocupado pola actual recta de atletismo en planta primeira adecuarase para o seu uso como ximnasio. Para mellorar a accesibilidade tanto a este espazo como os outros que se sitúan en planta alta, construirase un ascensor.
Piscina
No que respecta ao edificio que alberga os vasos de natación, ampliaranse e reformaranse os vestiarios e crearase unha nova zona de tratamentos accesibles dende a zona dos vasos. Ademais, substituiranse as máquinas de climatización e caldeiras existentes por outras de maior potencia e impermeabilizaranse e pavimentaranse as praias dos vasos e renovarase o revestimento do vaso de aprendizaxe.
Zona wellness
En alusión á devandita zona de tratamentos ou wellness, deseñouse un circuíto cos seguintes servizos:
- Hidroterapia: instalación dun jacuzzi dotado con jets de auga e aire e placas de aire tanto no chan como nos asentos.
- Tratamento con calor: instalación dunha sauna e un baño de vapor, que teñen efectos sobre o organismo de eliminación de toxinas a través do suor, tonificantes e vasodilatadores.
- Aplicación en contraste frío-calor: instalaranse tres sistemas de contraste: ducha-cubo (ducha de contraste con caída de auga sobre o corpo do usuario); ducha bitérmica secuencial (ducha secuencial de auga fría e quente que se toma despois da prestación de calor para estimular os sistemas nerviosos e musculares e activar a circulación; conta con jets de ducha, cadro hidráulico e pulsador antivandálico) e ducha de chorros (ducha con jets situados a distintas alturas para poder aplicar unha hidromasaxe de zonas lumbares, cervicais, dorsais, etc... producindo un efecto terapéutico; conta con jets de encastre e pulsador antivandálico).
Ademais, dotarase á zona con equipamento de tumbonas térmicas que se colocarán na zona de praia e que conformaran a zona de descanso despois do tratamento do circuíto.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario