26.4.10

Ribeira: A vaca Palmira excitou a imaxinación dos nenos no Día do Libro

O Auditorio Municipal de Ribeira acolleu a obra “A Vaca Palmira” a cargo de Monicreques Trécola, nunha función especial para homenaxear a conmemoración do Día Internacional do Libro, o pasado venres 23 de abril. Enchéronse as 278 butacas do aforo do recinto con outros tantos rapaces de Segundo e Terceiro Ciclo de Educación Primaria procedentes dos distintos centros educativos da Centenaria (25 por colexio), os cales aplaudiron con entusiasmo a actuación que se prolongou durante preto dunha hora.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical