Estes señores, como non son de Porto do Son, non irán a esta festa. Supoñemos Porto do Son, 26 de abril de 2010. O vindeiro 1 de maio, San Xosé Obreiro e Día do Traballo, terá lugar a típica Festa dos Maiores. Haberá misa en San Vicente de Noal ás 12 da mañá, cantada pola coral de xubilados "Virxe do Carme". O xantar comezará sobre as dúas e media da tarde, no pavillón municipal. Só poden ir vellos sonenses, xa que o Concello avisou de que haberá control ao entrar. Amenizará a sobremesa a orquestra Odisea.
Haberá autobuses fletados en cada parroquia que sairán para a misa sobre as once e cuarto da mañá. Xantar gratuíto ao que se poden anotar os xubilados interesados nos teléfonos 981. 86. 74. 14 e 981. 76. 75. 89
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario