25.11.09

Memoria histórica: 87 Cabodano dos mártires de Sobredo, un fito do agrarismo

87 CABODANO DOS MÁRTIRES DE SOBREDO

Domingo 29 de Novembro do 2.009

11:00 Concentración na Carballeira de San Xosé (Sobredo) e posterior desprazamento até o Monumento

12:00  Intervención de Anselmo López Carreira, historiador

12:30 Homenaxe a Asociación veciñal de Lavadores (Vigo)

13:00 Clausura do Acto coa ofrenda floral, música tradicional da Asociación veciñal de Lavadores e invitación a rosquillas do "Cristaleiro" e viño.


Cartafol do ano 2006

OS FOROS

 

A meirande parte das terras cultivadas de Galicia, máis das tres cuartas partes, estaban sometidas a contratos de “foro” dende a Idade Media.

 

O Foro era un contrato establecido sobre unha terra que se pagaba anualmente en especie (millo, viño, animais,…) ou en diñeiro, condenando ao campesiñado a unha agricultura de subsistencia.

 

Xa a sociedade do século XIX era consciente de que esa “carga” gracias a cal nacera e medrara a fidalguía, impedía a modernización do agro galego, e para eliminala, a Iª República aprobara unha lei en 1873, derogada no ano seguinte por mor da presión dos arrendadores.

 

A definitiva lei que lles permitiu ás persoas labregas seren donas das terras que traballaban  (previo pago dunha indemnización) foi o Decreto-Lei de 25 de xuño de 1926.

 

 

 

AS SOCIEDADES AGRARIAS

 

Para eliminar os foros xurdiron as “Sociedades Agrarias”. En 1912 xa había 117 sociedades na provincia de Pontevedra. Nas “asembleas” e “Congresos Agrarios”, coma os de Monforte, Ribadavia, Redondela, Tui… establecíanse as liñas de actuación deste movemento (mitins, propaganda, boicot aos pagos, mobilizacións,…).

 

En xullo de 1922, no Congreso de Tui, decidiuse non pagar os foros.

 

O 6 de novembro foi detida a Directiva da Sociedade de Ribadelouro. En solidariedade coas persoas detidas declárase Folga Xeral no sur de Galiza.

 

O 27 de novembro incautáronse os libros e chaves das sociedades de Areas, Randufe, Malvas, Pazos de Reis, Rebordáns, Paramos, Baldráns e Caldelas.

 

SOBREDO

 

O 27 de novembro de 1922 preséntanse en Sobredo (Guillarei), Xuíz e Garda Civil para embargar os bens dun veciño que non pagaba o foro.

 

A toque de campás, xuntáronse unhas duas mil persoas da bisbarra.

 

Ao disolver a forza pública a manifestación a tiros, houbo varias persoas feridas e resultaron mortas :

 CÁNDIDA RODRÍGUEZ, de Pazos.

JOAQUÍN ESTEVEZ BESADA, de Soutelo.

VENANCIO GONZÁLEZ ROMERO, de Budiño.

 

Os feitos tiveron moita sona na prensa, parlamento, literatura, conferencias…

 

O goberno decatouse entón da necesidade de darlle unha solución ao conflito agrario, o que levou á redención dos foros. Foi entón, gracias á actitude loitadora e comprometida destas mulleres e homes do agro, que se conseguiu abolir un dos residuos da sociedade estamental e que condenaba en vida ao campesiñado.

(Vía Paco do Martelo)

Notas curiosas: o pai de Mariano Rajoy apelídase Rajoy Sobredo. Hai outro Sobredo en León, o galego está en Salceda de Caselas, Pontevedra.

 

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arte: o Guernica en 3D con música de Falla

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Infraestruturas: os socialistas galegos piden a sede da Axencia estatal de Radiocomunicacións en Galicia

(Nota íntegra do PSdeG-Psoe)

 

O PSdeG APOSTA POR UBICAR A SEDE DA AXENCIA ESTATAL RADIOCOMUNICACIÓNS EN GALICIA

 

-O Portavoz da área Institucional do Grupo Socialista José Manuel Lage interviu hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia para defender a ubicación en Galicia da Axencia Estatal de Radiocomunicacións.

 

-Lage Tuñas fixo fincapé no modelo descentralizado defendido polo Partido Socialista ó afirmar que “apostar por ubicar en Galicia a citada Axencia significa tamén apostar por un modelo descentralizado na localización das distintas axencias estatais, en consonancia co modelo de organización territorial do Estado defendido polo Presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero”.

 

-Lage Tuñas aseguraba que “Galicia é un referente tamén no ámbito empresarial:1.500 sociedades do sector operan en Galicia, dan emprego a 13.000 persoas, teñen un volume de negocio que supera os 4.500 millóns de euros, só as firmas de capital e titularidade galegos representan o 2,13 por cento do noso PIB, que alcanza o 7 por cento do PIB de Galicia si se engaden as empresas de capital foráneo que operan tamén na nosa comunidade.”

 

Santiago, 25 de novembro de 2009. O Portavoz da área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas interviu hoxe no pleno do parlamento de Galicia para defender a “aposta dos socialistas galegos para ubicar a sede da Axencia Estatal de Radiocomunicacións en Galicia”.

 

Lage Tuñas afirmaba na súa intervención que “Galicia reúne condicións idóneas para asumir a sede desta axencia, contando cun amplo consenso social e co sector das TIC,s unido en defensa deste proxecto: universidades, centros tecnolóxicos, empresas e colexios profesionais. Galicia é un referente no ámbeto das TIC,s, conta coa terceira escola de telecomunicacións de España, con sede en Vigo, que nos seus 25 anos de historia formou a máis de 3.000 titulados de alto nivel. “

 

“Galicia é un referente tamén no ámbito empresarial:1.500 sociedades do sector operan en Galicia, dan emprego a 13.000 persoas, teñen un volume de negocio que supera os 4.500 millóns de euros, só as firmas de capital e titularidade galegos representan o 2,13 por cento do noso PIB, que alcanza o 7 por cento do PIB de Galicia si se engaden as empresas de capital foráneo que operan tamén na nosa comunidade.

 

“Por citar exemplos do noso potencial neste campo, as empresas galegas achegan o 60 por cento da tecnoloxía para a implantación da TDT en España, do mesmo xeito que sistemas de comunicación ou de transmisión de datos moi importantes, vixentes en ámbitos tan diversos como o ámbito ferroviario ou o telefónico, foron ideados en Galicia”expuso Lage Tuñas durante a súa intervención no Pazo do Hórreo.

 

José Manuel Lage afirmaba que “incluso a nosa orografía, señorías, á que tantas veces serviu de excusa para xustificar a tardía execución de infraestruturas básicas para o noso país, neste caso achega valor engadido á opción de que Galicia sexa a sede, pois é idónea para todo tipo de probas e estudos relacionados co aproveitamento do espazo radioeléctrico.

 

A Axencia Estatal creouse para garantir unha planificación, unha xestión e un control do dominio público radioeléctrico máis áxil e eficaz, capaz de facer fronte aos novos retos que implica a xestión deste recurso escaso, e Galicia está preparada para ubicar esta axencia estatal”.

 

Lage Tuñas fixo fincapé no modelo descentralizado defendido polo Partido Socialista ó afirmar que “apostar por ubicar en Galicia a citada Axencia significa tamén apostar por un modelo descentralizado na localización das distintas axencias estatais, en consonancia co modelo de organización territorial do Estado defendido polo Presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero”.

 

“Este modelo descentralizado debe contribuír a facer posible un modelo de desenvolvemento policéntrico e en rede que corrixa os desequilibrios territoriais existentes, e neste sentido, señorías, as rexións obxectivo de converxencia, como é o caso de Galicia,deben ser unha prioridade.”

 

Galicia reúne as condicións idóneas para que no noso país se instale este tipo de axencia. E creémolo tanto desde o punto de vista produtivo como desde o punto de vista do coñecemento, porque o capital humano formado ao longo de anos na Escola de Telecomunicacións de Vigo e tamén o desenvolvemento produtivo xerado ao redor de empresas como R, Televés, Arteixo Telecom, Intelsis, Egatel e tamén outro conxunto de pequenas e medianas empresas, dannos unha fortaleza importante á hora de poder situar un marco institucional que reforce e lle dea máis potencia ao coñecemento, ese que tanto vimos todos preconizando, pero polo que hai que apostar de verdade”.

 

Por e para Galicia traballamos dende este Parlamento, e o mandato que hoxe lle trasladamos ó Presidente da Xunta é precisamente unha acción colectiva da que ten que responsabilizarse para negociar e conquerir esta Axencia para o noso País. Agora a quen lle toca facer o seu traballo é ó Presidente de Galicia, e para iso conta con todo o noso apoio, con toda rotundidade concluiu José Manuel Lage a súa intervención no pleno do Parlamento de Galicia.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o venres, concerto de Sta Icía e o sábado, III Certame galego de Bandas

Concertos que vai realizar a Banda da Escola de Música de Rianxo:

Venres día 27 de Novembro ás 21h00 no Auditorio de Rianxo, Concerto
de Sta. Icía, xunto coa Banda de Música Municipal de Valga.

Sábado día 28 de Novembro ás 20h00 no Auditorio de Galicia, III Certame Galego.
O Concello de Rianxo porá un autobús para acompañarnos, con saída do Auditorio de Rianxo ás 19h00 (sete do serán).


Un aviso enviado por Rafael Varela, presidente da Escola de Música de Rianxo.

Web da Federación Galega de Bandas de Música:
http://fgbmp.net/

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra: piden un edificio de usos múltiples no solar da Soler

Nota de prensa íntegra do grupo local socialista de A Pobra do Caramiñal


O SR. ISAAC DESPERDICIA UN SOLAR URBANO, CONSTRUINDO NEL UNHA PISTA DEPORTIVA, PODENDO ADICALO A UN EDIFICIO DE SERVICIOS MÚLTIPLES.

 

A falta de ideas, a perda da noción para coñecer as necesidades do pobo, a nula frescura de opinións do goberno do Sr. Isaac, lévanos a que un solar no centro urbano da Pobra non se aproveite para ofrecer aos veciños servicios dos que carecemos ou mellorar outros.

 

Anúnciannos a construcción dunha pista deportiva multiusos na parcela que está enfronte da casa de cultura Raquel Fernández Soler, e que foi cedida por ésta. O patrimonio pertencente a Raquel Soler estivo en litixio ata hai pouco tempo, cuestión pola cal este solar estaba en situación de abandono. 

 

O equipo de goberno, nese anuncio de construcción de nova pista, podía facer referencia a que a escasos metros deste futuro espacio deportivo, está a pista deportiva de Lamas y Andrés abandonada, as pistas do recheo do Castelo deterioradas, o polideportivo de Venecia e as pistas de tenis onde está o Eroski. Todos estes recintos deportivos están situadas no centro do pobo, a escasos metros uns dos outros.

 

O Sr. Isaac, soamente se preocupa de facer obras novas para despois deixalas destruír sen facer un mínimo mantemento en ningunha delas. Seguramente pensa que facendo inauguracións xa ofrece credibilidade e xestión a xente do pobo. Os veciños teñen fillos e netos e ven a situación na que teñen as instalacións deportivas, e non digamos as persoas que viven en Lamas y Andrés, que non teñen parque infantil e os nenos corren un grave risco na pista deportiva que teñen no barrio. Debe pensar o PP da Pobra que con esta nova construcción xa lle compensan o deterioro e as falsas promesas.

 

Os socialistas da Pobra pensamos que ese solar, pola súa situación e dimensións, era excelente para construír un edificio de servicios múltiples. Poderíase ubicar nel unha gardería, o centro de día, facer unha biblioteca nova, aulas de formación, un centro cultural ou de asociación para mozos, un aparcamento (imprescindible se ofreces tantos servicios).


A estructura do solar ten varios niveis,  acceso a través de tres rúas, polo que as entradas para os distintos centros podían incluso estar individualizadas e independentes polo exterior.

 

Desta maneira estaríamos facendo unha agrupación de servicios para intentar reducir custes de persoal e mantemento. Con elo evitaríase o abandono posterior dos inmobles e permanecerían estes servicios no tempo en condicións de uso aceptables.

 

Este pobo non ten chan onde construír novos edificios públicos, elaboraron un PXOM e foron incapaces de facer reserva de chan para uso dotacional. Hai pouco tempo nos daban a alternativa de construír a gardería no polígono industrial da Tomada. Un polígono industrial das características da Tomada é un lugar insalubre, inseguro e nocivo para a educación e estancia dos menores.

 

Polo tanto, consideramos que se desperdicia un solar céntrico ubicando nel unha construcción deportiva, tendo en conta que no mesmo barrio hai outra; e tres máis a poucos metros, podendo dedicar este solar tan valioso a servicios básicos dos que carecemos.

 

Nestes intres o goberno liderado polo Sr. Isaac carece de miras de futuro, non teñen proxecto de pobo, nin saben a onde queren levarnos aos pobreses, gobernan a salto de mata, sen rumbo.

 

Conste que os socialistas non nos opoñemos a ningún novo investimento, se reverte en mellorar a calidade de vida dos que vivimos no pobo, sempre e cando non houbera que racionalizar o chan de uso público por ser un ben escaso e por deducción, mal xestionado.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Lingua galega: hai idiomas especiais para o erotismo?

Erotómana » mis lecturas eróticas » Contos colorados. Narracións eróticas de tradición oral.

Contos colorados. Narracións eróticas de tradición oral.

Publicado por Susana Moo
25 Noviembre, 2009

Considero que el gallego es un idioma especialmente modulado para el erotismo. La sensualidad aflora constantemente en el habla, la tradición oral es riquísima en expresiones picantes y en metáforas sexuales, además de estar onmipresente de forma implícita o explícita en el extenso repertorio de canciones populares gallegas. Como guinda, el gallego utiliza permanentemente la retranca para expresarse, humor irónico que dice sin decir, es un modo de expresar las ideas que me parece que casa como anillo al dedo para abordar la temática sexual.

Pese al gran potencial que tiene el gallego como lengua para comunicar la sensualidad, hay poquísimo editado. El libro Contos colorados, editado por

Xerais es la excepción. Es un libro muy cuidado con ilustraciones de Lázaro Enríquez. Las historias - que algunas son breves como chistes- fueron recopiladas por Xoán Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda. Su lectura, amena, me resulta algo vetusta, con un humor simplón, muy centrado en parodiar al clero como forma de erotismo subversivo. Son cuentos que me interesaron más como documento histórico que por su capacidad de encender mi cuerpo o mi mente. Como ejemplo, copio uno de los más cortitos:

.

Dous tetos

A muller chamábase Maruxa, e él Pepiño e estaban na cama, xogando. Entón díxolle o home:

- ¡Ai, Maruxiña, se tiveses catro tetas dábaslle de mamar ó becerro!

E contestoulle ela:

- ¡Ai, Pepiño, e se ti tiveses dous tetos non me facía falta o do criado!

.

Me encanta escribir erotismo en gallego, aunque en castellano me siento más suelta debido a que mi educación académica -y la mayor parte de mis lecturas- han sido en castellano. Pese a ello, el único libro que tengo editado: Fantasías Eróticas para Paspallás lo abordé en gallego. Ahora me estoy planteando autoeditar los cuentos que escribí para el periódico Certo sobre distintas situaciones sexuales que viven personajes dependiendo de su profesión. Son historias de las que me siento bastante orgullosa. Antes de lanzarme a la autoedición me gustaría hacer un llamamiento a las editoriales gallegas a ver si alguna se anima. Como es bastante improbable, estoy traduciendo los textos al castellano, de modo que hago también un llamamiento a otras editoriales de cualquier otro lugar ¡a ver si alguna se anima! Mirad:

Contos eróticos en gallego

Traducciones  de algunos de los cuentos eróticos

Si te gustó esta entrada anímate a escribir un comentario o suscribirte al feed y obtener los artículos futuros en tu lector de feeds.

Comentarios
Comentario por Wendy el Noviembre 25, 2009 @ 10:59 am

Me fascina tu capacidad de ver en los detalles de la vida cotidiana el erotismo, aparentemente sin esfuerzo.

Se me hace raro leer en gallego, pues no tengo costumbre, pero me gusta, sobre todo algunas expresiones, y lo encuentro, en cierto modo, muy dulce.

Comentario por Arturo Espada el Noviembre 25, 2009 @ 1:17 pm

Qué lástima no saber gallego… Pese a que algunas palabras las puedo entender, el resto, que al parecer son las principales, hacen que mi esfuerzo sea baldío.

Y esto no sólo con los textos, sino también con los comentarios, que vete a saber si estarán bien escritos… Ya tengo muchos problemas para leer textos en castellano por lo mal redactados que están.

En fin…

Comentario por costadamorte el Noviembre 25, 2009 @ 2:44 pm

Cando descubrín eses contos teus, erotismo en galego, causáronne unha impresión enorme, nunca lera erotismo na miña ingua e chegáronme moitísimo. O teu galego é sinxelo, é bonito, tes suficiente formación para escribilo. Non o deixes, por favor.

Comentario por Francisco Fernández Pumpido el Noviembre 25, 2009 @ 2:50 pm

La lengua erótica por excelencia considero que es el francés, dada su ingente cantidad de erotismo literario. Su tradición erótica literaria, comparada con el castellano ( con el gallego presupongo que más todavía) es monumental. No creo que haya idioma que les supere, salvo quizá el chino o alguna otra oriental, pero mis conocimientos no alcanzan a tanto.
Espero Susana que te publiquen, por el bien de la humanidad, tus cuentos están llenos de vida.

Escribe un comentario

A nosa colaboradora Susana Moo reflexiona sobre o asunto na súa bitácora.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra: Rei Ballesteros, feramente homenaxeado polos alumnos do IES

Vídeo que se ollou na terceira xornada de homenaxe a Anxo Rei Ballesteros, o home que lle disparaba aos reloxios.
Falámoslle del en http://certo.es/index.php?page=anxo_rei_ballesteros

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arte: O Musedo do Gravado cedeu 43 obras de Rodolphe Schönberg ao Museo Marítimo de Bilbao


Co gallo do sexto aniversario da apertura do Museo Marítimo de Bilbao organízase, entre outros actos, unha exposición de gravados -coa técnica da augaforte- do artista belga Rodolphe Schönberg. As 43 obras expostas, que reflicten os ríos de Zelanda, nos Países Baixos, e pequenos portos nos seus arredores, son propiedade da Fundación do Museo do Gravado de Artes, en Ribeira, que as cedeu temporalmente.

A mostra de Schönberg pódese visitar ata o 28 de febreiro de 2010. Nela pódense ver estampas mariñas que o autor (Bruxelas, 1901- Bruxelas, 1944, fusilado polos nazis) ideou nas súas viaxes por América Central, Dinamarca e Inglaterra. Foron impresas na súa maioría en papel francés Rives.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: ante a Sida, Eu quero chuvaskeiro

Web de referencia:

Download now or preview on posterous
nova chuvas.doc (22 KB)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: as traballadoras da escola infantil foron á folga

A maioría das traballadoras da Escola infantil de Boiro secundamos a folga de onte día 24 de novembro revindicando os nosos dereitos como traballadoras. Grazas a todas as familias que respetaron o noso dereitos grazas polo voso apoio.

Esta entrada publicouse , o Mércores, 25 de Novembro de 2009 ás 09:39 horas e esta guardada baixo As miñas anotacións. Podes seguir as respostas a esta entrada a través da fonte RSS 2.0. Podes deixar un comentario ou enviar un trackback desde o teu propio sitio.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: I Torneo de Tenis de Nadal

Download now or preview on posterous
Rianxo Tenis.pdf (204 KB)

Organizado polo Club de Tenis Rianxo ca colaboración do Servizo de Deportes.

O prazo de inscrición está aberto ata o martes 1 de decembro.

Pódese formalizar a inscrición no Servizo de Deportes a través dos teléfonos 981.86.63.81/981.10.75.96 ou ben no e-mail do Club de Tenis Rianxo clubtenisrianxo@hotmail.com.

A inscrición é gratuíta para os socios e de 5 € para os non socios.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia, un lugar de encantos

A web previa de Noia...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical