(Nota íntegra do PSdeG-Psoe)
O PSdeG APOSTA POR UBICAR A SEDE DA AXENCIA ESTATAL RADIOCOMUNICACIÓNS EN GALICIA
-O Portavoz da área Institucional do Grupo Socialista José Manuel Lage interviu hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia para defender a ubicación en Galicia da Axencia Estatal de Radiocomunicacións.
-Lage Tuñas fixo fincapé no modelo descentralizado defendido polo Partido Socialista ó afirmar que “apostar por ubicar en Galicia a citada Axencia significa tamén apostar por un modelo descentralizado na localización das distintas axencias estatais, en consonancia co modelo de organización territorial do Estado defendido polo Presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero”.
-Lage Tuñas aseguraba que “Galicia é un referente tamén no ámbito empresarial:1.500 sociedades do sector operan en Galicia, dan emprego a 13.000 persoas, teñen un volume de negocio que supera os 4.500 millóns de euros, só as firmas de capital e titularidade galegos representan o 2,13 por cento do noso PIB, que alcanza o 7 por cento do PIB de Galicia si se engaden as empresas de capital foráneo que operan tamén na nosa comunidade.”
Santiago, 25 de novembro de 2009. O Portavoz da área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas interviu hoxe no pleno do parlamento de Galicia para defender a “aposta dos socialistas galegos para ubicar a sede da Axencia Estatal de Radiocomunicacións en Galicia”.
Lage Tuñas afirmaba na súa intervención que “Galicia reúne condicións idóneas para asumir a sede desta axencia, contando cun amplo consenso social e co sector das TIC,s unido en defensa deste proxecto: universidades, centros tecnolóxicos, empresas e colexios profesionais. Galicia é un referente no ámbeto das TIC,s, conta coa terceira escola de telecomunicacións de España, con sede en Vigo, que nos seus 25 anos de historia formou a máis de 3.000 titulados de alto nivel. “
“Galicia é un referente tamén no ámbito empresarial:1.500 sociedades do sector operan en Galicia, dan emprego a 13.000 persoas, teñen un volume de negocio que supera os 4.500 millóns de euros, só as firmas de capital e titularidade galegos representan o 2,13 por cento do noso PIB, que alcanza o 7 por cento do PIB de Galicia si se engaden as empresas de capital foráneo que operan tamén na nosa comunidade.”
“Por citar exemplos do noso potencial neste campo, as empresas galegas achegan o 60 por cento da tecnoloxía para a implantación da TDT en España, do mesmo xeito que sistemas de comunicación ou de transmisión de datos moi importantes, vixentes en ámbitos tan diversos como o ámbito ferroviario ou o telefónico, foron ideados en Galicia”expuso Lage Tuñas durante a súa intervención no Pazo do Hórreo.
José Manuel Lage afirmaba que “incluso a nosa orografía, señorías, á que tantas veces serviu de excusa para xustificar a tardía execución de infraestruturas básicas para o noso país, neste caso achega valor engadido á opción de que Galicia sexa a sede, pois é idónea para todo tipo de probas e estudos relacionados co aproveitamento do espazo radioeléctrico.”
“A Axencia Estatal creouse para garantir unha planificación, unha xestión e un control do dominio público radioeléctrico máis áxil e eficaz, capaz de facer fronte aos novos retos que implica a xestión deste recurso escaso, e Galicia está preparada para ubicar esta axencia estatal”.
Lage Tuñas fixo fincapé no modelo descentralizado defendido polo Partido Socialista ó afirmar que “apostar por ubicar en Galicia a citada Axencia significa tamén apostar por un modelo descentralizado na localización das distintas axencias estatais, en consonancia co modelo de organización territorial do Estado defendido polo Presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero”.
“Este modelo descentralizado debe contribuír a facer posible un modelo de desenvolvemento policéntrico e en rede que corrixa os desequilibrios territoriais existentes, e neste sentido, señorías, as rexións obxectivo de converxencia, como é o caso de Galicia,deben ser unha prioridade.”
“Galicia reúne as condicións idóneas para que no noso país se instale este tipo de axencia. E creémolo tanto desde o punto de vista produtivo como desde o punto de vista do coñecemento, porque o capital humano formado ao longo de anos na Escola de Telecomunicacións de Vigo e tamén o desenvolvemento produtivo xerado ao redor de empresas como R, Televés, Arteixo Telecom, Intelsis, Egatel e tamén outro conxunto de pequenas e medianas empresas, dannos unha fortaleza importante á hora de poder situar un marco institucional que reforce e lle dea máis potencia ao coñecemento, ese que tanto vimos todos preconizando, pero polo que hai que apostar de verdade”.
“Por e para Galicia traballamos dende este Parlamento, e o mandato que hoxe lle trasladamos ó Presidente da Xunta é precisamente unha acción colectiva da que ten que responsabilizarse para negociar e conquerir esta Axencia para o noso País. Agora a quen lle toca facer o seu traballo é ó Presidente de Galicia, e para iso conta con todo o noso apoio, con toda rotundidade” concluiu José Manuel Lage a súa intervención no pleno do Parlamento de Galicia.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario