4.12.10

Outes: o Bng acordou por unanimidade nomear a Xosé Ramón Riomao candidato á alcaldía

Outes, 4 de decembro de 2010. O cabeza de lista do BNG de Outes será Xosé Ramón Riomao. A Asemblea Local elixiu por unanimidade ó responsable local da formación como candidato a alcaldía outiense.
Coa experiencia de catro anos na oposición, sinalan no Bng, "configurou unha equipa na que se mesturan xuventude e veteranía. Estará acompañado nos primeiros postos por Lola Pena, Xosé Manuel Ramos e Esperanza Santiago". O alcaldable nacionalista considera que Outes "necesita un cambio e o BNG e o único que pode ofrecer isa posibilidade. Honradez e transparencia na xestión, participación de todos os axentes sociais do concello, xeración de emprego, control e racionalización do gasto son as claves coas que partimos para gañar a confianza dos veciños de Outes".
Riomao agora é portavoz municipal. Será a segunda vez que concorra a unhas eleccións.

Porto do Son: Ánxela Franco

Pola súa banda, e na mesma formación frentista, a Asemblea Xeral Extraordinaria do BNG de Porto do Son para a elección da cabeceira de lista como único punto na orde do día acordou, por unanimidade, que a candidata á Alcaldía de Porto do Son polo BNG fose María Ánxela Franco Pouso, actual portavoz municipal do BNG e Tenente de alcalde no Goberno bipartito do concello de Porto do Son.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o magosto dos Amigos do Museo Valle-Inclán terá lugar o martes 7 de Nadal

A Pobra do Caramiñal, 4 de decembro de 2010. A asociación Amigos do Museo Valle-Inclán ten previsto para o vindeiro martes, día 7 de Nadal, a celebración dun magosto como peche de tempada a este tipo de celebracións e antes de entrar xa nas datas de celebracións de comidas e ceas de Nadal.


A festa terá lugar a partir das 20 horas nun céntrico emprazamento da Pobra do Caramiñal: a rúa Unión e a Praza Maura, onde se asarán as castañas e farase algunha que outra queimada que axude a quence-lo frío do inverno que xa se está a notar. Durante o tempo que dure o festexo, aproximadamente entre as 8 e as 10 da noite, as citadas rúas estarán amenizadas pola banda de gaitas Xiada, e tódolos veciños que se acheguen poderán disfrutar gratuitamente tanto das castañas asadas como da queimada.

Se a organización da festa corre a cargo da Asociación, o patrocinio da mesma conta coa colaboración de Concello da Pobra, unha construtora, e varios locais da zona.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical