Outes, 4 de decembro de 2010. O cabeza de lista do BNG de Outes será Xosé Ramón Riomao. A Asemblea Local elixiu por unanimidade ó responsable local da formación como candidato a alcaldía outiense.
Coa experiencia de catro anos na oposición, sinalan no Bng, "configurou unha equipa na que se mesturan xuventude e veteranía. Estará acompañado nos primeiros postos por Lola Pena, Xosé Manuel Ramos e Esperanza Santiago". O alcaldable nacionalista considera que Outes "necesita un cambio e o BNG e o único que pode ofrecer isa posibilidade. Honradez e transparencia na xestión, participación de todos os axentes sociais do concello, xeración de emprego, control e racionalización do gasto son as claves coas que partimos para gañar a confianza dos veciños de Outes".
Riomao agora é portavoz municipal. Será a segunda vez que concorra a unhas eleccións.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario