A Pobra do Caramiñal, 4 de decembro de 2010. A asociación Amigos do Museo Valle-Inclán ten previsto para o vindeiro martes, día 7 de Nadal, a celebración dun magosto como peche de tempada a este tipo de celebracións e antes de entrar xa nas datas de celebracións de comidas e ceas de Nadal.
A festa terá lugar a partir das 20 horas nun céntrico emprazamento da Pobra do Caramiñal: a rúa Unión e a Praza Maura, onde se asarán as castañas e farase algunha que outra queimada que axude a quence-lo frío do inverno que xa se está a notar. Durante o tempo que dure o festexo, aproximadamente entre as 8 e as 10 da noite, as citadas rúas estarán amenizadas pola banda de gaitas Xiada, e tódolos veciños que se acheguen poderán disfrutar gratuitamente tanto das castañas asadas como da queimada. Se a organización da festa corre a cargo da Asociación, o patrocinio da mesma conta coa colaboración de Concello da Pobra, unha construtora, e varios locais da zona.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario