13.3.12

Porto do Son: os comuneiros de San Pedro de Muro chaman ao "revolto" este sábado 17

Porto do Son, 13 de marzo de 2012. A Comunidade de Montes da parroquia de San Pedro de Muro convida a todo o mundo a unha xornada de degustación singular cun curi No menú: Revolto de bosque á Galega. Bo proveito!

 
Aclaración:

O vindeiro sábado, 17 de marzo de 2012, celébrase unha xornada de repoboación no monte veciñal da parroquia de San Pedro de Muro (Porto do Son), na parcela denominada Monte Pereiro (aproximadamente unhas dúas hectáreas de terreo). A actividade está aberta a toda aquela persoa que queira participar dun día en contacto coa natureza. "Quizais caian uns piniscos pero que ninguén se alarme que nunca choveu que non escampara, ademais as árbores van quedar agradecidas", explican.Para que ninguén se estravíe pola parroquia van quedar ás 10:00 horas xunto á igrexa de San Pedro de Muro. A parcela atópase a uns 200 metros en dirección Rial.

Material preciso para desenvolver a actividade:

- calzado de monte, zapatóns ou botas
- roupa cómoda
- guantes
- apeiros de labranza, como legoñas ou cavadores
- unhas poucas de ansias
Máis info:
http://sanpedro.blogaliza.org/              cmsampedro@yahoo.es       
  

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: charla sobre "A muller na ciencia" este venres 16 de marzo en Aturuxo

Media_http2bpblogspot_jhowq

Máis información no blog de Aturuxo!


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: este venres 16 Ghazafelhos representa "Nana para un soldado"

Galego de cine.pdf Download this file

  • Será ás 20:00 na casa da cultura "Ramón Martínez López"
  • Máis información sobre a obra en http://www.ghazafelhos.es
  • O mesmo día, "Galego de cine", na praza do Concello. Só 20 prazas. Inscricións ata o mércores 14

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: convocada a quinta edición do certame literario "Ramón Martínez López"

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical