12.11.10

Lingua galega: a Coordinadora de Normalización do Barbanza potenciará a figura do Apalpador con autocolanes nos colexios

Barbanza, 12 de novembro de 2010. A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza escolleu dous autocolanes para agasallar aos rapaces dos colexios da zona. Un deles é o habitual calendario, neste caso do 2011, pero coa frase reivindicativa no medio que reza "Non cales a boca". O outro, coa figura do Apalpador con deseño baseado na obra de Leandro Lama, ten como obxectivo potenciar o coñecemento desta tradición entre os nenos cando chegan as datas de Nadal, hoxe case esquecida.

Pertencen á Coordinadora de Barbanza os seguintes centros:

Rianxo: IES Félix Muriel, CEIP A.D.R. Castelao, CEP Brea Segade-Taragoña, CEIP Ana María Diéguez- Asados-Rianxo,CRA de Rianxo .
A Pobra: IES A Pobra, CEP Pilar Maestu-Cadreche,CEP Salustiano Rey Eiras, EEI da Angustia-Campo da Angustia-Posmarcos.
Ribeira:IES Coroso-Ribeira,IES Nº1,IES Leliadoura,CEIP de Artes,CEIP de Frións,CEIP Aguiño,CEIP O Grupo,CEP Carreira,CEIP Olveira,CPR Galaxia.

Quen é o Apalpador ou Pandegueiro? Olla aquí ou aquí

Vía Paraugas da Lingua

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: os mexilloeiros de Cabo de Cruz poderán montar e desmontar bateas en Ancados

Estas instalacións habilitaranse provisionalmente para estes traballos mentres o ente público traballa na redacción do proxecto dos centros de xestión integral de bateas

Boiro, 12 de novembro de 2010.- Portos de Galicia de Galicia autorizará provisionalmente á Asociación mexilloeira de Cabo de Cruz, para a montaxe e desmontaxe de bateas nas instalacións portuarias de Ancados. O presidente do ente autonómico, José Manuel Álvarez-Campana, mantivo hoxe unha reunión de traballo co presidente da asociación mexilloeira, José Manuel Vidal, que engloba a nove asociacións de mexilloeiros con portos na marxe dereita da ría de Arousa. O paso seguinte será o de adaptar o porto de Taragoña.

Estas instalacións habilitaranse para estes traballos, mentres o ente público traballa na redacción do proxecto dos centros de xestión integral de bateas, portos nos que se levarán a cabo, unha vez adaptadas e acondicionadas as instalacións elixidas para elo, os traballos de construción, reparación e desmontaxe de bateas.

Na súa preocupación por esta cuestión e á vista dos prexuízos que poden causar este tipo de traballos nas praias, Portos e Galicia xa ten en marcha un espazo destas características no porto de Domaio. Unha rampla e unha explanada, destinada ao despece, mantemento e, reparación e construción de bateas. Trátase dunha instalación que neste momento está a funcionar satisfactoriamente e donde os bateeiros do sector mexilloeiro teñen un lugar axeitado para efectuar esta actividade.

Temos que lembrar que o pasado día 5 o presidente de Portos comparecía no Parlamento e comprometíase a realizar un estudo sobre centros integrais de xestión de bateas que recollerá o emprazamento destes espazos tendo en conta a súa localización nas diferentes Rías, atendendo a factores como, o aproveitamento dunha instalación existente, o número de bateas cercano, ou as comunicacións por estrada.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: o Psoe explica en Boiro que as emendas aos orzamentos "son realistas e signo de que se pode facer outra política"

Parlamentarios socialistas mantiveron unha xuntanza de traballo coa agrupación local de Boiro e reclamaron unha residencia para os vellos, a nova fachada marítima de Cabo de Cruz, a reorganización do porto de Escarabote e melloras na seguridade viaria da travesía boirense

Boiro, 12 de novembro de 2010. O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista Xoaquín Fernández Leiceaga dixo que as emendas do PSdeG-PSOE “son realistas e demostran que en Galicia é posible facer outra política”. O voceiro fixo esas declaracións en Boiro, onde mantivo hoxe un encontro de traballo coa agrupación socialista da localidade. Na xuntanza tamén estiveron os deputados autonómicos Jose Manuel Lage e Marisol Soneira. Alí Leiceaga anunciou que o PSdeG presentaran emendas aos orzamentos para reclamar a Residencia da 3ª idade, darlle unha solución ao fronte marítimo de Cabo de Cruz, reorganizar o Porto de Escarabote e mellorar a seguridade viaria na travesía de Boiro.

O portavoz asegura que as contas autonómicas evidencian un recorte excesivo no gasto social “en máis de 660 millóns de euros”. Sinala que sucede o mesmo nas políticas activas de emprego “cunha caída en 2 anos de mais de 60 millóns de euros”, e tamén nas axudas aos sectores productivos . Advirte que tamén caen axudas para formar aos desempregados “mentres aumenta o desemprego”. E aludiu tamén a caída “moi forte” das inversións. 

Mais polo miúdo explicou que as emendas socialistas “demostran que en Galicia é posible outra política con respaldo contable e con partidas asignadas”. Dixo que dende o Grupo Socialista “apostamos por un orzamento máis social”. E puxo como exemplo a solicitude dunha residencia da terceira idade en Boiro “cos orzamentos da Xunta, hoxe non se pode facer esta infraestructura, porque non hai créditos para inversións en materia social”.

Aludiu tamén á posta en marcha dun plan de Inclusión social “porque está medrando a pobreza en Galicia”. Tamén reclama reforzar a atención aos dependentes con 10 millóns adicionais. Advirte ademais que a Xunta debe reforzar a cooperacións cos concellos “e repartir os fondos de xeito obxectivo e non de forma clientelar como fai a Xunta”, insistiu.

Necesidade de visitar as comarcas

Leiceaga considera imprescindible visitar as comarcas “para contrastar as nosas propostas co que demandan os cidadáns”. Ademais anunciou que as emendas socialistas “contarán cunha proposta potente para permitir que Cabo de Cruz teña unha solución e que complete o esforzo feito ata o de agora”. E advertiu que coas contas de Feijoo “isto non é posible”. O PSdeG-PSOE tamén presentara emendas para acondicionar o fronte marítimo de Cabo de Cruz, xunto coa reorganización do Porto de Escarabote e o arranxo da rotonda de Boiro. Lembrou que o Goberno da Xunta “aniquilou o Plan de Seguridade Viaria” e o servizo de Noitebus.

O deputado da Comarca José Manuel Lage Tuñas cualificou os orzamentos da Xunta para Boiro “malos e con consecuencias moi negativas”, e dixo que “non dan resposta ás expectativas dos cidadáns da vila”. O deputado barbanzano dixo que hai unha ausencia total de partidas nos orzamentos  para desenvolver o tecido económico e industrial da Comarca: "o macropolígono comarcal está paralizado e só conta con 5.000 euros no orzamento do 2011". E subliñou que o compromiso medio ambiental e sanitario “brilla pola súa ausencia”. A maiores destacou que "só figuran 22.000 euros nos orzamentos para o concello de Boiro" e "non hai ningunha inversión para mellorar o centro de saúde cando Sanidade si contempla inversións en máis de 30 centros de saúde da nosa provincia".

Porto de Cabo de Cruz

Lage tamén lembrou a promesa de Portos de Galicia, realizada no ano 2009, na que anunciou un investimento de mais de 5 millóns de euros para o Porto de Cabo de Cruz, en actuacións dirixidas aos bateiros,  pantalans e con actuacións na terceira lista e a cuarta. Ademais denunciou, cos papeis oficiais da Xunta na man, a documentación que acredita que en decembro de 2011 estas actuacións estarían rematadas. “Para que unha obra estea rematada ten que comezar”, espetou. E dixo “nos orzamentos do 2011 non figura ningunha cantidade”. E resumiu “cando se da unha palabra hai que cumprila”. 

Pazo de Goiáns

Por ultimo referiuse ao Pazo de Goiáns “estamos moi orgullosos do traballo feito pola agrupación local de Boiro para que este Pazo sexa propiedade de tódolos boirenses, poidan disfrutar del e sexa no futuro unha referencia en tódolos ámbitos”. A deputada Marisol Soneira constatou que a Xunta aniquilou tódalas axudas de protección para a flota galega “cunha caída do 26%”, como por exemplo o seguro de accidentes colectivos ou o seguro de mal tempo.

Pola súa banda, o tenente de Alcalde de Boiro, Juan Jesús Ares, agradeceu a visita e destacou que era moi importante que os deputados saian do Parlamento para visitar as comarcas e os concellos “e coñecer de primeira man as necesidades de Galicia”. Ares espuxo aos parlamentarios as iniciativas de impulso necesarias para Boiro. Pide a Xunta a mellora do abastecemento de auga no Abanqueiro, a mellora viaria na travesía de Boiro e a ampliación do Centro Arqueolóxico de Neixón. Tamén solicitou a última fase de saneamento do Río Coroño, así como melloras no Porto de Cabo de Cruz.

Marisol Soneira, este sábado en Ribeira

Este sábado, 13 de novembro, ás doce do mediodía, haberá un encontro dos socialistas galegos co sector da Pesca de Barbanza para explicar a situación xerada pola suspensión do seguro colectivo de accidentes do mar. Será nas instalacións do PSdeG-Psoe de Ribeira, na rúa Muíños.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: os socialistas locais respostan ás "graves acusacións" de Ruiz Rivas sobre o POL


Ribeira, 12 de novembro de 2010. O grupo municipal do PSdeG de Ribeira emitiu unha nota de prensa para respostar ás acusacións do portavoz parlamentario do Partido Popular, o tamén riberiense Manuel Ruiz Rivas, sobre que os socialistas desinformaban aos veciños no que atinxe ao Plan de Ordenación do Litoral. Como é costume, reproducimos a nota íntegra e no idioma en que foi enviada:

"A propósito de las graves acusaciones del Sr. Ruiz Rivas contra el PSOE de desinformar a los vecinos, en torno al Plan de Ordenación do Litoral (POL), la agrupación socialista, quiere hacer las siguientes reflexiones a la opinión pública en general, y a los ciudadanos de Ribeira en particular:

1. El PSOE de Ribeira tras colaborar en la redacción de las alegaciones con la Corporación Municipal en pleno; puso al servicio de los ciudadanos información relativa al citado Plan do Litoral, consistente en planos de ordenación facilitados por la Consellería de Medio Ambiente, consideraciones respecto al contenido de los planos facilitados, y unos formularios de posibles alegaciones al POL.

2. Por lo tanto, el PSOE colocó la información al servicio de todos los ciudadanos, no solo en conocimiento de unas cuantas familias privilegiadas. Fruto de ello fueron parte de las 1000 alegaciones realizadas en este ayuntamiento.

3.Las palabras del Sr. Conselleiro de Medio Ambiente y Territorio, no solo no tranquilizan sino que causan más incertidumbre sobre los ciudadanos de a pié, ya que si el POL no tiene efecto en suelo urbano consolidado ni en núcleos de población rural, no se entiende que los espacios de interés paisajístico coincidan y solapen los núcleos urbanos de Aguiño y Corrubedo. Asimismo, de dicha comparecencia quedan serias dudas de si en Camariñas o Vilaboa, presentaron objeciones, si o no al POL -20 minutos.es, aparte “certificaciones de obra”.

4. Con respecto al Sr. Ruiz: sale Vd. en la prensa con la contumacia y falsedad que nos  tiene acostumbrados acusando al PSOE de desinformación sobre el POL, y el único que está dando información sesgada es Vd., para de mano del Sr. de turno, sea Conselleiro u Alcalde, confundir a los circunspectos ciudadanos.

5. Se queja Vd. de ”provocaciones y de falta de respecto” al reglamento en las comisiones parlamentarias; se olvida claro está de sus reivindicaciones de antaño, a la “costosa” y “mal gestionada” autovía del Barbanza, al “precario funcionamiento y listas de espera” del  Hospital del Barbanza, y un largo etcétera.

6. Sr. Ruiz Rivas, portavoz del partido popular en Galicia, las palabras son enanos, los hechos son gigantes. Traiga el Macropolígono para Moldes, o sanee la Ría de Arousa, que las vieiras sólo sirven para los peregrinos de Santiago".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a asociación Amicos camiña á excelencia cun novo certificado de calidade

Ribeira, 12 de novembro de 2010. Este venres, a Presidenta de AMICOS, Esther Vidal, recibiu de mans da Secretaria Xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, e do Delegado de AENOR en Galicia, Martín Pita; alcalde do Concello de Ribeira, Jose Luís Torres Colomer; e do Deputado Provincial Manuel Sande a certificación de calidade outorgada por AENOR UNE-EN 158201 / 2007 para o servizo de centro de día

Esta certificación é a primeira outorgada en todo España a un Centro de Día, o que sitúa a AMICOS como un centro de referencia a nivel autonómico e estatal, e colócao na área de calidade o carón de moitos centros tecnolóxicos.

Durante o acto foron moitas as mostras de apoio e felicitacións que as distintas autoridades mostraron polo traballo feito por AMICOS durante estes 10 anos e destacouse de maneira considerable o traballo realizado tanto nos seus proxectos como na xestión dos distintos centros e servizos que a entidade ten en funcionamento.

Así  mesmo mostraron o seu apoio aos proxectos que a entidade ten en marcha e que consideraron moi importantes para o colectivo das persoas con discapacidade.

A obtención deste certificado supón a consolidación do proxecto de calidade e excelencia levada a cabo durante estes últimos dous anos, o cal posiciona a AMICOS e os seus centros como referentes a nivel estatal en política de calidade.

Antes anunciamos:


Amicos: este venres 12, novo certificado de calidade


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: subvencionado o proxecto para remodelar as prazas de Maura, Rosalía de Castro, de Galicia e rúas adxacentes

O alcalde, Maceiras Rivas, e o redactor do proxecto, Andrés Fuentes, na rolda de prensa

A Pobra do Caramiñal, 12 de novembro de 2010. A Consellería de Economía e Industria concedeu a subvención do proxecto para “Remodelación e Acondicionamento da Praza de Maura, Praza de Rosalía de Castro, Praza de Galicia e adxacentes”. O orzamento total desta actuación elévase aos 139.783,40 €, dos cales o 70 % (104.837,50 €) achegaraos a Consellería ao abeiro da Orde do 22 de xullo de 2010 (Plan Ágora, agora Re-Comercia 2010-2013) e o 30% restante (34.945,90 €) o concello con cargo aos seus orzamentos.

     As prazas Rosalía de Castro e de Maura presentan un pavimento de enlousado granítico, en bo estado de conservación, precisando unicamente unha limpeza e novo encinte entre as súas lousas. No caso da Praza de Maura existen algunhas lousas deterioradas que precisan de substitución. No caso da Praza de Galicia: presenta un pavimento a base de adoquín cunha fonte ornamental e zonas axardinadas, en bo estado de conservación.

     As rúas que comunican a praza de Maura coa rúa Extremo e coa rúa Castelao, presentan un pavimento de formigón ou baldosa que xa non reúne as condicións esixibles para unha zona céntrica e comercial como esta e ademais as súas instalacións están xa obsoletas como é por exemplo a rede de saneamento en fibrocemento.

     O proxecto consistirá na limpeza e encinte das prazas de Maura e Rosalía de Castro, coa reposición das lousas danadas e mellora da rede de alumeado público. As fontes de ámbalas dúas prazas serán acondicionadas, procedendo á impermeabilización do vaso, limpeza do granito e instalación dun sistema de recirculación de auga que permita un aforro considerable de auga.

     Na praza de Galicia procederase a dar continuación tanto á beirarrúa como ao pavimento da propia praza. Nas rúas pavimentadas en formigón procederase á substitución por un enlousado de granito máis acorde co caracter peonil da rúa.

     No referente á instalación de saneamento, evacuación de pluviais e abastecemento, procederase á súa substitución ou nova implantación nas zonas de nova pavimentación, procedendo á limpeza e mantemento de aquelas situadas nas prazas nas que non se vai a levantar o pavimento. No referente á rede de alumeado público, substitúense as luminarias existentes, por luminarias tipo palacio, aproveitando tamén as obras para cambiar a rede de subministro eléctrica aérea por canalización soterradas nas zonas onde se proceda á reposición do pavimento.

Á rúa poeta Manuel María tocaralle o plan de humanización máis adiante

     "Esta liña de dinamización e humanización non quedará parada xa que este equipo de goberno vén desenvolvendo, e pretende seguir facéndoo, proxectos do mesmo xeito nas restantes rúas e transversais do casco urbano, e como exemplos temos as rúas Castelo, Rafael Calleja, Cardeal Patiño e as súas transversais, Unión, Estremo, Manuel María, Fernández Varela, Xogo da Bola, María Mariño, Manuel Hermo Vidal e Domínguez Fontán, as prazas Cinco Calles, Paulino Santos, Victoriano García Martí, Cantón da Leña e os xardíns e praza Valle-Inclán", aclarou o alcalde.

     Ademais, explicou que "para o pequeno comercio é necesaria a proximidade, a concentración dos negocios e os accesos axeitados para os peóns, por iso con este proxecto encamiñado a revitaliza-lo, tanto os propios comercios coma os veciños destas rúas benefícianse da mellora en servizos coma da nova imaxe que terán".


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Concello sinala que os contedores do Conchido voltarán en breve ao seu lugar

Andrés Millán, concelleiro de Mantemento, aclarou o do Conchido

A Pobra do Caramiñal, 12 de novembro de 2010. O goberno local sinalou hoxe que o servizo de contedores que se cambiaron de localización provisionalmente e durante uns días na zona do Conchido voltará á normalidade á maior brevidade posible. Entre as causas desta variación e retirada de contedores sinalan:

1.- Dificultades do camión do servizo de recollida do lixo para saír pola zona do Pontellón en Escarabote dado que hai vehículos que estacionan en ámbalas dúas beiras da rúa.
2.- O concello púxose en contacto co de Boiro para tratar de solucionar dito problema, e agradecen anticipadamente a súa colaboración.

     Tamén queren pedir e agradecer a todos os veciños do Conchido "a súa comprensión mentres dure este problema puntual e se restableza o servizo xa que terán que andar uns metros máis para tirar as bolsas do lixo. Para calquera explicación que precisen  sobre este tema non dubiden en poñerse en contacto coa Concellería de Servizos, na que se lles dará todas as que precisen".

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: este sábado 13, obradoiro para compoñer regueifas


Festival de regueifas no que participou Fermín da Feira Nova

Dodro, 12 de novembro de 2010. Mañá, sábado 13 de novembro, terá lugar un obradoiro de regueifas a cargo de Xosé Manuel Varela e Fermín da Feira Nova (Fermín Calvo Novo, o máis vello regueifeiro de Bergantiños) a partir das sete da tarde, organizado pola concellaría de Cultura do concello de Dodro dentro do programa "Letras Vivas" da Xunta de Galicia.


O obradoiro de regueifas realizarase no local social de Imo (antiga escola unitaria) a partir das 19.00 h, coincidindo co Magosto que organiza a Asociación de Veciños San Xoán de Laíño.

"Despois da última actividade de regueifas que tivo lugar coincidindo co anterior magosto celebrado na parroquia de Dodro, queremos darlle continuidade e mesmo aprender a arte de regueifar para contribuir a que esta permaneza viva como parte da nosa cultura,´ao igual que as festas populares como os magostos", según dí o concelleiro de Cultura, o nacionalista Abel Tarrío. A actividade diríxese a todos os públicos.

Quen é Fermín da Feira Nova?


Faise chamar Fermín da Feira Nova (Coristanco) porque alí reside dende o 1961, "que foi cando me casei". Naceu no 1936 no municipio de Cabana. "Empecei cando tiña uns 35 anos", afirma. O futuro da regueifa, como todos os seus compañeiros, veo "moi mal: a xente non quere aprender e os que estamos xa imos marchando". Bota en falta a unión para protexer e recuperar esta arte: "Propóñense cousas e todo vai quedando en nada, aínda que eu xa corrín moito" e sinala, tamén que os mozos de hoxe non amosan interese: "Canto eu daría por poderlle ensinar isto aos rapaciños, aínda que non foran máis ca dous". Vía Regueifa.org

Relacionada:


Magosto-Samaín 2010: crónica e fotos

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical