Parlamentarios socialistas mantiveron unha xuntanza de traballo coa agrupación local de Boiro e reclamaron unha residencia para os vellos, a nova fachada marítima de Cabo de Cruz, a reorganización do porto de Escarabote e melloras na seguridade viaria da travesía boirense Boiro, 12 de novembro de 2010. O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista Xoaquín Fernández Leiceaga dixo que as emendas do PSdeG-PSOE “son realistas e demostran que en Galicia é posible facer outra política”. O voceiro fixo esas declaracións en Boiro, onde mantivo hoxe un encontro de traballo coa agrupación socialista da localidade. Na xuntanza tamén estiveron os deputados autonómicos Jose Manuel Lage e Marisol Soneira. Alí Leiceaga anunciou que o PSdeG presentaran emendas aos orzamentos para reclamar a Residencia da 3ª idade, darlle unha solución ao fronte marítimo de Cabo de Cruz, reorganizar o Porto de Escarabote e mellorar a seguridade viaria na travesía de Boiro. O portavoz asegura que as contas autonómicas evidencian un recorte excesivo no gasto social “en máis de 660 millóns de euros”. Sinala que sucede o mesmo nas políticas activas de emprego “cunha caída en 2 anos de mais de 60 millóns de euros”, e tamén nas axudas aos sectores productivos . Advirte que tamén caen axudas para formar aos desempregados “mentres aumenta o desemprego”. E aludiu tamén a caída “moi forte” das inversións. Mais polo miúdo explicou que as emendas socialistas “demostran que en Galicia é posible outra política con respaldo contable e con partidas asignadas”. Dixo que dende o Grupo Socialista “apostamos por un orzamento máis social”. E puxo como exemplo a solicitude dunha residencia da terceira idade en Boiro “cos orzamentos da Xunta, hoxe non se pode facer esta infraestructura, porque non hai créditos para inversións en materia social”. Aludiu tamén á posta en marcha dun plan de Inclusión social “porque está medrando a pobreza en Galicia”. Tamén reclama reforzar a atención aos dependentes con 10 millóns adicionais. Advirte ademais que a Xunta debe reforzar a cooperacións cos concellos “e repartir os fondos de xeito obxectivo e non de forma clientelar como fai a Xunta”, insistiu.
Leiceaga considera imprescindible visitar as comarcas “para contrastar as nosas propostas co que demandan os cidadáns”. Ademais anunciou que as emendas socialistas “contarán cunha proposta potente para permitir que Cabo de Cruz teña unha solución e que complete o esforzo feito ata o de agora”. E advertiu que coas contas de Feijoo “isto non é posible”. O PSdeG-PSOE tamén presentara emendas para acondicionar o fronte marítimo de Cabo de Cruz, xunto coa reorganización do Porto de Escarabote e o arranxo da rotonda de Boiro. Lembrou que o Goberno da Xunta “aniquilou o Plan de Seguridade Viaria” e o servizo de Noitebus. O deputado da Comarca José Manuel Lage Tuñas cualificou os orzamentos da Xunta para Boiro “malos e con consecuencias moi negativas”, e dixo que “non dan resposta ás expectativas dos cidadáns da vila”. O deputado barbanzano dixo que hai unha ausencia total de partidas nos orzamentos para desenvolver o tecido económico e industrial da Comarca: "o macropolígono comarcal está paralizado e só conta con 5.000 euros no orzamento do 2011". E subliñou que o compromiso medio ambiental e sanitario “brilla pola súa ausencia”. A maiores destacou que "só figuran 22.000 euros nos orzamentos para o concello de Boiro" e "non hai ningunha inversión para mellorar o centro de saúde cando Sanidade si contempla inversións en máis de 30 centros de saúde da nosa provincia".
Lage tamén lembrou a promesa de Portos de Galicia, realizada no ano 2009, na que anunciou un investimento de mais de 5 millóns de euros para o Porto de Cabo de Cruz, en actuacións dirixidas aos bateiros, pantalans e con actuacións na terceira lista e a cuarta. Ademais denunciou, cos papeis oficiais da Xunta na man, a documentación que acredita que en decembro de 2011 estas actuacións estarían rematadas. “Para que unha obra estea rematada ten que comezar”, espetou. E dixo “nos orzamentos do 2011 non figura ningunha cantidade”. E resumiu “cando se da unha palabra hai que cumprila”.
Por ultimo referiuse ao Pazo de Goiáns “estamos moi orgullosos do traballo feito pola agrupación local de Boiro para que este Pazo sexa propiedade de tódolos boirenses, poidan disfrutar del e sexa no futuro unha referencia en tódolos ámbitos”. A deputada Marisol Soneira constatou que a Xunta aniquilou tódalas axudas de protección para a flota galega “cunha caída do 26%”, como por exemplo o seguro de accidentes colectivos ou o seguro de mal tempo. Pola súa banda, o tenente de Alcalde de Boiro, Juan Jesús Ares, agradeceu a visita e destacou que era moi importante que os deputados saian do Parlamento para visitar as comarcas e os concellos “e coñecer de primeira man as necesidades de Galicia”. Ares espuxo aos parlamentarios as iniciativas de impulso necesarias para Boiro. Pide a Xunta a mellora do abastecemento de auga no Abanqueiro, a mellora viaria na travesía de Boiro e a ampliación do Centro Arqueolóxico de Neixón. Tamén solicitou a última fase de saneamento do Río Coroño, así como melloras no Porto de Cabo de Cruz.
Este sábado, 13 de novembro, ás doce do mediodía, haberá un encontro dos socialistas galegos co sector da Pesca de Barbanza para explicar a situación xerada pola suspensión do seguro colectivo de accidentes do mar. Será nas instalacións do PSdeG-Psoe de Ribeira, na rúa Muíños.
Necesidade de visitar as comarcas

Porto de Cabo de Cruz

Pazo de Goiáns

Marisol Soneira, este sábado en Ribeira
Este sábado, 13 de novembro, ás doce do mediodía, haberá un encontro dos socialistas galegos co sector da Pesca de Barbanza para explicar a situación xerada pola suspensión do seguro colectivo de accidentes do mar. Será nas instalacións do PSdeG-Psoe de Ribeira, na rúa Muíños.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario