12.11.10

Boiro: os mexilloeiros de Cabo de Cruz poderán montar e desmontar bateas en Ancados

Estas instalacións habilitaranse provisionalmente para estes traballos mentres o ente público traballa na redacción do proxecto dos centros de xestión integral de bateas

Boiro, 12 de novembro de 2010.- Portos de Galicia de Galicia autorizará provisionalmente á Asociación mexilloeira de Cabo de Cruz, para a montaxe e desmontaxe de bateas nas instalacións portuarias de Ancados. O presidente do ente autonómico, José Manuel Álvarez-Campana, mantivo hoxe unha reunión de traballo co presidente da asociación mexilloeira, José Manuel Vidal, que engloba a nove asociacións de mexilloeiros con portos na marxe dereita da ría de Arousa. O paso seguinte será o de adaptar o porto de Taragoña.

Estas instalacións habilitaranse para estes traballos, mentres o ente público traballa na redacción do proxecto dos centros de xestión integral de bateas, portos nos que se levarán a cabo, unha vez adaptadas e acondicionadas as instalacións elixidas para elo, os traballos de construción, reparación e desmontaxe de bateas.

Na súa preocupación por esta cuestión e á vista dos prexuízos que poden causar este tipo de traballos nas praias, Portos e Galicia xa ten en marcha un espazo destas características no porto de Domaio. Unha rampla e unha explanada, destinada ao despece, mantemento e, reparación e construción de bateas. Trátase dunha instalación que neste momento está a funcionar satisfactoriamente e donde os bateeiros do sector mexilloeiro teñen un lugar axeitado para efectuar esta actividade.

Temos que lembrar que o pasado día 5 o presidente de Portos comparecía no Parlamento e comprometíase a realizar un estudo sobre centros integrais de xestión de bateas que recollerá o emprazamento destes espazos tendo en conta a súa localización nas diferentes Rías, atendendo a factores como, o aproveitamento dunha instalación existente, o número de bateas cercano, ou as comunicacións por estrada.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical