8.11.11
Proba con grafitti para ver se furrula o Posterous en Facebook
Barbanza: dan a coñecer aos gañadores do concurso escolar "Barbanza 2061" organizado polo club Exxpopress
- Gañaron estudantes do colexio Castelao de Rianxo, do Aguiño de Ribeira e do instituto A Cachada de Boiro
- O certame foi organizado polo club de xornalistas ExxpoPress
- O vindeiro 11-11-2011 soterrarán os traballos nunha cápsula de tempo no paseo marítimo de Ribeira, obxecto que se deberá levantar en medio cento de anos
Ribeira, 8 de novembro de 2011. Tres alumnas de terceiro da ESO do IES A Cachada de Boiro resultaron gañadoras do concurso escolar comarcal Barbanza-2061 na categoría de Secundaria-Bacharelato, organizado polo Club Exxpopress. A temática do certamen era Como imaxinas o mundo en 2061?
O traballo gañador é unha peza audiovisual de dous minutos de duración titulada A escultura no ano 2061 (). O premio consiste nunha viaxe dunha fin de semana a Valencia para visitar a Cidade das Artes e as Ciencias.
Polo que respecta á categoría de Educación Primaria, as gañadoras foron catro alumnas de sexto de Primaria do CEIP de Aguiño (Ribeira), pola portada dun xornal titulada A Voz de Aguiño. O premio consiste nunha viaxe a Madrid para visitar o Parque Warner.
Finalmente, os gañadores do concurso na categoría de Infantil foron 19 alumnas e alumnos da aula C de 4 anos do C.E.I.P. A.D.R. Castelao (Rianxo), que realizaron un mural de casi dous metros de longo. O premio consiste nunha macro festa infantil para toda a aula no Cámping Rural Ría de Arosa-2 de Oleiros (Ribeira), con merenda, piscina, hinchables, tiro con arco, tren infantil, cuadriciclos, Festa da Espuma, etc.
Os premios serán entregados o vindeiro venres día 11 ás 13.00 horas nun acto que presidirá o conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Roberto Varela Fariña, no polideportivo municipal de Coroso (Ribeira) e no que participarán tamén o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas; o presidente do Club Exxpopress, Jesús Souto Rodríguez, e un coñecido empresario da zona. Será despois dunha gran festa organizada para escolares de toda a comarca polo Club Exxpopress en colaboración co Concello de Ribeira e na que haberá sorteo de centos de regalos.
Os tres traballos gañadores introduciranse na Cápsula do Tempo que será soterrada a continuación no paseo marítimo de Ribeira.
Antes, en Certo:
Festival Acción: deuse a coñecer a curta gañadora de "Barbanza 2061"
Pode que tamén lle interese:
Homenaxe en Boiro: a Ónega, Frinsa e Los Chiky´s o 26 de novembro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: este xoves 10, reunión coas Anpas para crear o Consello Escolar
Imaxe da reunión cos centros o pasado 26O Ribeira, 8 de novembro de 2011. Despois de que o pasado 26 de outubro tivera lugar unha primeira reunión de membros do Concello con directores dos centros de ensino de Ribeira, o Ente Local a través da Concellería de Educación que dirixe María del Carmen Vizcaya convocou -tal como estaba previsto- un novo encontro de traballo, esta vez cos representantes das ANPAs do municipio para seguir avanzando na formación dun Consello Escolar.
A xuntanza terá lugar este xoves, 10 de novembro, ás 18 horas na Casa Consistorial e, ademais da creación do citado órgano consultivo, abordará no seu orde do día outra cuestión de importancia, que é a reorganización do mapa escolar municipal.
O Executivo Local reafírmase na intención de someter a Pleno a creación do Consello Escolar antes de finalizar o 2011.
Antes, en Certo:
Bo ambiente na reunión para crear o Consello Escolar municipal
Pode que tamén lle interese:
Curso: o 12 de novembro, de ximnasia hipopresiva
Ponte a Andar 2011: este domingo 13, Porto do Son
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo: o terceiro torneo de tenis de Nadal dispútase entre o 29 de novembro e o 8 de xaneiro
Rianxo, 8 de novembro de 2011. A partires do 29 de novembro e ata o 8 de xaneiro do 2012 vaise desenvolver a 3ª edición do Torneo de Tenis de Nadal de Rianxo.
Está organizado polo Club de Tenis Rianxo coa colaboración do Servizo de Deportes do Concello. O prazo de inscrición está aberto ata o sábado 26 de novembro. Pódese formalizar a inscrición no Servizo de Deportes a través do teléfono 981.86.63.81 ou ben nos correos electrónicos do Servizo de Deportes deportes@concelloderianxo.es ou do Club de Tenis clubtenisrianxo@hotmail.com. A inscrición é gratuíta para os socios do club e de 10 € para os non socios.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: os dous aventureiros ao Everest toman terra en Lukla, o aeroporto máis perigoso do mundo
Ribeira, 8 de outubro de 2011.- Despois de varios días agardando a que as condicións meteorolóxicas foran propicias, os expedicionarios ribeirenses José Antonio Sobrado Silva e Roi Fontaíña Martínez xa conseguiron voar en avioneta dende Katmandú -capital de Nepal- ata Lukla, localidade situada ao este deste país que alberga o considerado aeroporto máis perigoso do planeta.
Os aventureiros cualificaron a experiencia de “emocionante” e cunha aterraxe “do máis espectacular” pois o pequeno aeroporto, situado a 2.860 metros de altitude, conta cunha pista de tan só 460 metros de lonxitude que está ubicada ao borde dun precipicio en plena montaña.
Agora mesmo están en Namche Bazaar, a capital da rexión de Khumbu, e que está considerada “a porta do Himalaia” polos viaxeiros.
Sobrado Silva e Fontaíña Martínez indican que nos vindeiros días estarán sen posibilidade de conexión a internet nin calquera outro tipo de comunicación con Ribeira, xa que están listos para emprender a ruta planeada.
Impresións de Katmandú
Non obstante, aínda tiveron oportunidade de relatar as súas impresións respecto a súa estancia previa en Katmandú, que se demorou máis do previsto ao ter o Goberno de Nepal pechados todos os voos nacionais polo mal tempo.
A este respecto, cualifican de moi grata a posibilidade de cear e compartir mesa con Toni Aguilar e cos nenos e mulleres da fundación promovida en Nepal por este cooperante catalán que entre outros obxectivos brinda labores de axuda á orfandade de alfabetización das mulleres.
Na súa estancia en Katmandú mesmo puideron coñecer a dous viaxeiros madrileños que coincidiron cos ribeirenses na impresión de que este é un país “ecléctico e colorista”, no que se está a desenvolver unha emerxente industria dedicada ao turismo de aventura.
Ruta
A partir de agora, a ruta ascenderá polo val do “Bothe Koshi” aproveitando as antigas vías que utilizaban as caravanas tibetanas de “Jaks” para atravesar o Himalaia, e que máis recentemente usaron os refuxados tibetanos para escapar da represión china. Ademais, dende a remota rexión fronteiriza co Tibet terán que atravesar dous dos pasos de montaña máis elevados da terra e o glaciar “Drongzba” para chegar ata a base do Everest. Dende alí, descenderán o val do “Dudhi Koshi” para regresar de novo a Lukla. Durante a travesía ascenderán dous picos de máis de 5500 metros. A cota mínima ao principio do percorrido é de 2800 metros, e a máxima altitude será de 5700 metros. Antes, en Certo:
Aventura en Nepal: chegaron os dous expedicionarios á capital
Pode que tamén lle interese:
Curso: o sábado 12 de novembro, de ximnasia hipopresiva
Ponte a Andar 2011: este domingo 13, Porto do Son
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: a asociación Sagres posiciónase contra o proxecto de depuración presentado polo conselleiro de Medio Ambiente
- Di que é un despilfarro de cartos do erario público que non se guía nin por criterios de eficiencia nin ambientais
- Piden que se retire o proxecto e que recúen ao escoitar aos veciños como fixeron en Porto do Son
Obras da depuradora de Corrubedo
Ribeira, 8 de novembro de 2011. A asociación Sagres, en Defensa do Litoral, manifesta o seu "desacordo co proxecto técnico de depuración presentado para o Concello de Ribeira".
As razóns que aporta para este posicionamento quedan expostas nesta nota de prensa que, fieis ao noso estilo, reproducimos íntegra:
"O modelo de depuración presentado, unha única depuradora no Parque Natural de Couso, recolle o mesmo modelo que se vén presentando desde hai 15 anos: realizar unha única depuradora no Parque Natural de Couso, sen contemplar como prioritario o tratamento das augas residuais industriais, e sen a realización dun necesario informe previo de impacto ambiental conxunto, para ver as repercusións totais de todas estas infraestructuras sobre o medio ambiente e a poboación.
Un proxecto que non se guía nin por criterios de eficiencia ou eficacia da depuración, xa que nin prevé o primeiro elo da cadea de toda depuración: a separación das augas residuais e pluviais, por ser, segundo palabras do técnico de Augas de Galicia, “necesario pero custosísimo porque habería que levantar toda Ribeira” - Nin criterios ambientais, desatendendo os plans e programas para a protección da saúde pública nas decisións que afectan á calidade do aire (artigo 16 da lei 34/2007) posto que a depuradora prevé instalarse ao lado das casas da Graña
máxime tendo en conta que os veciños de Aguiño veñen padecendo innumerables molestias e malos cheiros continuos, denunciados continuamente, producidos por varias instalacións negativas e contaminantes.
Non existen razóns que xustifiquen este sacrificio, xa que outros emprazamentos son posibles, o Parque Natural de Couso, que recibiría unha maior degradación do entorno e unha carga contaminante excesiva e abusiva posto que xa conta con varias instalación negativas e contaminantes.
Temos entendido que o emisario submariño atravesará o Parque Nacional das Illas Atlánticas e desembocará a corta distancia da praia do Vilar afectanto a zona de marisqueo e ás piscifactorías establecidas na zona polo que indubidablemente repercutirá na cría dos peixes que despois se destinarán a consumo humano.
Hai outras alternativas de ubicación da estación depuradora que non se presentan e tampouco se teñen argumentado razóns para non consideralas.
Segundo Sagres, esta infraestrutura terá unha eficiencia ecolóxica baixa en canto ao saneamento das rías e xerará no futuro enormes custos de explotación que no serán asumibles polos gastos de mantemento que comportará tal e como está deseñada (13 km de canalización de verquidos, numerosos bombeos...) e o máis importante, unha actuación temeraria desde o punto de vista económico, posto que calquera fallo no seu funcionamento tería unha afectación directa en sectores tan importantes para o desenvolvemento da zona como son o pesqueiro e o turístico.
Segue a presentársenos un proxecto sobredimensionado, e un despilfarro para o erario público.
Por último, pedimos que se tome exemplo de actuacións próximas no tempo e no espazo, como as do alcalde do Porto do Son e se dea marcha atrás a este desastroso proxecto".
Relacionadas:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Dodro: proporcionan información sobre violencia de xénero a todas as mulleres maiores de 16
Dodro, 8 de novembro de 2011. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Dodro, dentro do programa de Igualdade, acaba de sacar á rúa un tríptico informativo sobre a violencia de xénero que foi remitido por correo a todas as mulleres de Dodro maiores de 16 anos.
O tríptico recolle información útil como son os criterios para detectar calquera clase de violencia de xénero, os teléfonos de contacto onde acudir e o que é máis importante, o protocolo recomendado de como actuar ante unha situación así.
Co lema DENUNCIA, NON ESTÁS SOA esta concellería pretende dar amplia información ás mulleres veciñas de Dodro sobre a violencia de xénero e tamén como campaña de concienciación a toda a poboación
Obradoiro o venres 11 de novembro
Dentro do mesmo programa de igualdade o próximo venres día 11 esta programado o obradoiro “A transmisión de roles a través da publicidade” para rapaces de 5º e 6º de primaria e 3º e 4º de ESO. Será de 16h a 20h na Biblioteca municipal.
Cabalgata única de Reis
Por outra banda, a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade está a organizar a Cabalgata de Reis do Concello, que por primeira vez Dodro terá unha Cabalgata única para todo o concello a tarde do día 5 de xaneiro.
As distintas asociacións do Concello están a colaborar na organización e estanse mantendo reunións para concretar o recorrido e as actividades a realizar para ese día e para o Nadal. Preténdese que por primeira vez Dodro teña unha Cabalgata de Reis como os demais concellos e que teña continuidade nos próximos anos e consensuada coas asociacións xa que son representantes dos veciños do concello.
Así , os Reis de Oriente solicitan axuda de voluntarios/as do concello para acompañalos na cabalgata ese día. Para máis información deberán dirixirse ao departamento de servizos sociais municipal ou chamar ao teléfono 981 802 466.
Programa "Xuntos polo Nadal"
Tamén a a mesma concellería publicita estes días o programa “Xuntos polo Nadal”, destinado ás persoas maiores que polo Nadal se atopen soas, para que pasen estas datas (do 23 de decembro ao 1 de xaneiro) acompañados dun clima de convivencia e participación na Residencia de Tempo Libre do Carballiño en Ourense.
O prazo para solicitalo é ata o 30 de novembro e poderán facelo no departamento de servizos sociais do concello ou no teléfono 981 802 466.
Pode que tamén lle interese:
Un xoguete, unha ilusión: novo programa solidario
Actividades culturais: igualdade, xénero, labores...En outubro e novembro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Natureza: vídeo completo da conferencia sobre o roubo de ovos de aves rapaces no Barbanza
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: este martes, último día para "adorar" a Copa do Mundo de Fútbol
Boa parte dos edís municipais, co concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez á cabeza, xa tiveron ocasión de ollar o trofeo conquistado pola Selección Española o ano pasado en Sudáfrica, ao igual que un grande número de nenas e nenos que non se quixeron perder esta oportunidade única, como foi o caso dos alumnos e profesores do Colexio Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras.
Outro dos atractivos que brinda a Corporación Local con motivo da estadía en Ribeira da copa do mundo é unha fotografía de gran formato na que quen así o queira se pode retratar ocupando as facianas de dous xogadores da Selección.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia