- Gañaron estudantes do colexio Castelao de Rianxo, do Aguiño de Ribeira e do instituto A Cachada de Boiro
- O certame foi organizado polo club de xornalistas ExxpoPress
- O vindeiro 11-11-2011 soterrarán os traballos nunha cápsula de tempo no paseo marítimo de Ribeira, obxecto que se deberá levantar en medio cento de anos
Ribeira, 8 de novembro de 2011. Tres alumnas de terceiro da ESO do IES A Cachada de Boiro resultaron gañadoras do concurso escolar comarcal Barbanza-2061 na categoría de Secundaria-Bacharelato, organizado polo Club Exxpopress. A temática do certamen era Como imaxinas o mundo en 2061?
O traballo gañador é unha peza audiovisual de dous minutos de duración titulada A escultura no ano 2061 (). O premio consiste nunha viaxe dunha fin de semana a Valencia para visitar a Cidade das Artes e as Ciencias.
Polo que respecta á categoría de Educación Primaria, as gañadoras foron catro alumnas de sexto de Primaria do CEIP de Aguiño (Ribeira), pola portada dun xornal titulada A Voz de Aguiño. O premio consiste nunha viaxe a Madrid para visitar o Parque Warner.
Finalmente, os gañadores do concurso na categoría de Infantil foron 19 alumnas e alumnos da aula C de 4 anos do C.E.I.P. A.D.R. Castelao (Rianxo), que realizaron un mural de casi dous metros de longo. O premio consiste nunha macro festa infantil para toda a aula no Cámping Rural Ría de Arosa-2 de Oleiros (Ribeira), con merenda, piscina, hinchables, tiro con arco, tren infantil, cuadriciclos, Festa da Espuma, etc.
Os premios serán entregados o vindeiro venres día 11 ás 13.00 horas nun acto que presidirá o conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Roberto Varela Fariña, no polideportivo municipal de Coroso (Ribeira) e no que participarán tamén o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas; o presidente do Club Exxpopress, Jesús Souto Rodríguez, e un coñecido empresario da zona. Será despois dunha gran festa organizada para escolares de toda a comarca polo Club Exxpopress en colaboración co Concello de Ribeira e na que haberá sorteo de centos de regalos.
Os tres traballos gañadores introduciranse na Cápsula do Tempo que será soterrada a continuación no paseo marítimo de Ribeira.
Antes, en Certo:
Festival Acción: deuse a coñecer a curta gañadora de "Barbanza 2061"
Pode que tamén lle interese:
Homenaxe en Boiro: a Ónega, Frinsa e Los Chiky´s o 26 de novembro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario