Peirao de Escarabote
NON FALTEDES!!", din dende a organización.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Peirao de Escarabote
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Augas de Galicia, tras analizar o estado actual do sistema de abastecemento destes municipios coruñeses, detecta diversas deficiencias. Deste xeito, obsérvase que existe déficit de produción en estacións de tratamento de auga potable (ETAPs), polo que se define a necesidade de ampliación. Tamén se aprecia un déficit de regulación en depósitos que será arranxado mediante a execución do citado proxecto hidráulico.
ESTADO ACTUAL DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO
O sistema de abastecemento de Barbanza está composto polos seguintes elementos:
- Captacións: nos ríos Ulla, Té, Sieira, Pedras e en diversos mananciais
- ETAP de Padrón: trata a auga procedente do río Ulla, cunha capacidade de 212 l/s
- ETAP de Barbanza: 23 l/s
- ETAP de Boiro: 70 l/s
- ETAP de Pobra: 20 l/s
- ETAP de Pontecesures: 350 l/s
- Depósitos: capacidade total de 63.456 m3
O Plan Auga preséntase como unha solución a todas as citadas carencias en infraestruturas hidráulicas e destina un total de 15,3 millóns de euros que se distribuirán na posta en marcha de captacións, bombeos, depósitos, unha ETAP e conducións. Estas novas infraestruturas, que se mostran a continuación no seguinte cadro, beneficiarán a un total de 113.971 habitantes da zona do Barbanza.
PLAN AUGA- INVESTIMENTOS NO BARBANZA
ACTUACIÓNS IMPORTE
Bombeos 474.493 euros
Depósitos 604.000 euros
ETAP 2,7 M euros
Conducións 11,4 M euros
Xestión de demanda 97.272 euros
INVESTIMENTO TOTAL 15,3 M euros
Fonte de Cariño, Boiro
Obras previstas
A Xunta de Galicia, mediante o Plan Auga, propón varias actuacións entre as que cabe destacar a ampliación do bombeo da ETAP de Padrón e a construción dun depósito secundario de 8 l/s. Ademais, construiranse tres novos depósitos cunha capacidade total de 2.000 m3. O primeiro, en Pontecesures, para reforzar o depósito actual, anexo á ETAP; o segundo, en Boiro, para poder satisfacer as necesidades futuras estimadas en 12.000 m3; e o último, en Escarabote, como reforzo do sistema de Boiro nesta zona.
O Plan Auga abrangue a ampliación da ETAP de Padrón, situada concretamente no Casal. A capacidade actual é de 212 l/s e proponse ampliar ata 300 l/s, co fin de satisfacer as demandas previstas en 2025, estimadas nuns 500 l/s.
Augas de Galicia tamén proxecta a construción dun cinto norte/ sur en Padrón, de 5.000 m de lonxitude e 200 mm de diámetro co obxecto de reforzar o abastecemento nesta área e solucionar as deficiencias da rede debido a que os diámetros actuais resultan insuficientes.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A programación comezará cunha exposición de curtametraxes galegas diante do Auditorio Municipal. Esta actividade terá lugar o mércores día 11 ás 22 horas e o xoves ás 20 horas.
O venres 13 de agosto terá lugar ás 20.30 unha charla coloquio sobre a procedencia de Cristobal Colón na praza de Compostela que será impartida polo escritor galego Rodrigo Cota. A continuación (en torno ás 22 horas), a praza Diego Delicado será escenario da actuación dos grupos “Auga de Beber” e “Rumba Gipsy”.
O prato forte do festival chegará o sábado 14. Así, a partir das 13 horas celebrarase unha gran sardiñada nas inmediacións do Auditorio, que estará acompañada dunha paella cortesía da tasca Obradoiro. Mentres que no paseo de Coroso á altura da UAD desenvolveranse tres concertos a partir das 23 horas. Serán ofrecidos polos grupos Zenzar (grupo de rock formado en Meirama-Cerceda a finais de 1987) Kogito (banda portuguesa que amosa un directo cheo de ska, punk-rock, reggae e mestizaxe) e “A Compañía do Ruído”, coñecida formación local que regresa aos escenarios de Santa Uxía.
Desde a organización quíxose lanzar aos espectadores unha mensaxe de civismo e máximo respecto para todos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 9 de agosto de 2010. A asociación cultural Altofalante conmemora en Ribeira o Día da Galiza Mártir cunha actividade que se desenvolverá o vindeiro sábado día 14 ás 20:30 na Rúa Lustres Rivas de Ribeira. Convidan a participar a todas as persoas que así o desexen.
Fillo predilecto de Ribeira, Manuel Lustres Rivas foi un político nacionalista, agrarista, ilustre xornalista e loitador incansábel das liberdades, polas cales sacrificou a súa propia vida. Nos primeiros días do golpe militar foi detido e encarcerado na illa de San Simón. Asasinado o 10 de novembro de 1936, o seu corpo sen vida apareceu na gabia dunha estrada de Redondela.
|
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
As raíñas xuvenís son: Isabel Dios Bouzón (Carreira), Jenny Dios Caamaño (Artes), Alba Santos (Palmeira), Judit Hermo Fernández (Castiñeiras), Yesenia Vázquez Maneiro (Olveira), Anabel Pérez (Aguiño), Fátima Mayo (Oleiros) e Ana Mayán Blanco (Santa Uxía).
As raíñas infantís son: Uxía Núñez Maneiro (Corrubedo), María Castrelo Vidal (Artes), María Martínez Pego (Olveira), Sofía Murciego García (Palmeira), María Puga Sampedro (Carreira), Carmen Pena García (Santa Uxía), Elaya Mancio Cayón (Castiñeiras), Sara Fernández Ramayo (Aguiño) e Tania Rodríguez González (Oleiros).
Premios aos xardíns
Así mesmo, o acto serviu tamén para entregar uns obsequios conmemorativos aos donos particulares de xardíns das nove parroquias que pola súa beleza foron agraciados con motivo do Día da Flor. Estes xardíns pertencen aos seguintes veciños: Dositeo Fernández (Olveira), Francis Romay (Corrubedo), Rosa Suárez (Artes), Patina Blanco (Aguiño), María Dolores Crujeiras (Carreira), Juana Doce (Castiñeiras), Rosa María Franco (Palmeira), Manola Salnés (Oleiros) e Teresa Dios (Santa Uxía).
Así mesmo, distínguese de xeito colectivo aos veciños do Rueiro de Arriba e do Rueiro de Abaixo de Bretal (parroquia de Olveira), nos que serán colocadas sendas placas de pedra que aluden a esta distinción e que foron exhibidas durante o acto desenvolvido hoxe.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia