9.8.10

Porto do Son: o luthier Xosé de Tubío, "Nebra", participou na XVII Mostra de Instrumentos do Festival de Pardiñas

Porto do Son, 9 de agosto de 2010. Xosé Piñeiro Pérez, Xosé de Tubío, participou a fin de semana pasada no Festival de Pardiñas, na súa tradicional Mostra de Instrumentos, que xa acadou a edición 17.


 
"Nebra", como é coñecido este artesán, porque nesta parroquia sonense naceu, constrúe sobre todo gaitas e zanfonas. Dende moi novo iniciouse na artesanía da man do seu pai, co que aprendeu a traballar e tornear a madeira.

Estudou gaita na escola de Música Tradicional de Porto do Son e comezou a facer gaitas mentres aprendía a coller habilidades con este instrumento.

Torno de varas para facer pezas para as gaitas

Integrante da banda de gaitas Suevia dende que se fundou en 1998, tamén estudou zanfona no Conservatorio Folk de Lalín (Pontevedra).

Zanfona
Publicou varios artigos sobre construción de gaitas e imparte cursos de artesanía de instrumentos en colexios e asociacións.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical