A programación comezará cunha exposición de curtametraxes galegas diante do Auditorio Municipal. Esta actividade terá lugar o mércores día 11 ás 22 horas e o xoves ás 20 horas.
O venres 13 de agosto terá lugar ás 20.30 unha charla coloquio sobre a procedencia de Cristobal Colón na praza de Compostela que será impartida polo escritor galego Rodrigo Cota. A continuación (en torno ás 22 horas), a praza Diego Delicado será escenario da actuación dos grupos “Auga de Beber” e “Rumba Gipsy”.
O prato forte do festival chegará o sábado 14. Así, a partir das 13 horas celebrarase unha gran sardiñada nas inmediacións do Auditorio, que estará acompañada dunha paella cortesía da tasca Obradoiro. Mentres que no paseo de Coroso á altura da UAD desenvolveranse tres concertos a partir das 23 horas. Serán ofrecidos polos grupos Zenzar (grupo de rock formado en Meirama-Cerceda a finais de 1987) Kogito (banda portuguesa que amosa un directo cheo de ska, punk-rock, reggae e mestizaxe) e “A Compañía do Ruído”, coñecida formación local que regresa aos escenarios de Santa Uxía.
Desde a organización quíxose lanzar aos espectadores unha mensaxe de civismo e máximo respecto para todos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario