9.8.10

Ribeira: presentadas oficialmente as Xuventudes Socialistas desta cidade


Imaxe da presentación oficial

Ribeira, 9 de agosto de 2010. Un grupo de mozos e mozas da cidade de Ribeira crearon e presentan de xeito oficial as Xuventudes Socialistas desta localidade. Segundo explican, esta é "a organización xuvenil do partido Socialista de Ribeira (PSdeG-PSOE), que nace como grupo transmisor dos xóvenes ribeirenses".

A nivel organizativo depende das Xuventudes Socialistas de Galicia e a súa vez de Juventudes Socialistas de España. Defínese como "socialista e galeguista" e na súa  ideoloxía están asentadas "a liberdade, a igualdade, a solidariedade, a tolerancia, a participación, o desenvolvemento sostible, o pacifismo, o republicanismo e o federalismo".

Na primeira asemblea creáronse as bases para a formación dunha executiva local de
Xuventudes e a realización da liña de traballo. A asemblea local de xuventudes acordou estes orgánicos:

• Secretaria Xeral: Antía Regueira
• Secretaria de Organización: Deli Garcia Mos
• Secretario de Politica Municipal e Acción Politica: Adrián Romay
• Secretaria Area de Igualdade: Melisa Martinez Dios
• Secretario de Adeministración: Juanjo
• Tesoureiro: Diego

Tamén se crearon documentos de traballo para o funcionamento da agrupación. Con
estes documentos, pretenden participar de forma activa no movemento asociativo da vila, nas rúas, nos institutos e centros de traballo intentando recoller o punto de vista do mozos e mozas e canalizalas como propostas para resolver problemas e preocupacións da mocidade.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical