Ribeira, 9 de agosto de 2010. A asociación cultural Altofalante conmemora en Ribeira o Día da Galiza Mártir cunha actividade que se desenvolverá o vindeiro sábado día 14 ás 20:30 na Rúa Lustres Rivas de Ribeira. Convidan a participar a todas as persoas que así o desexen.
Fillo predilecto de Ribeira, Manuel Lustres Rivas foi un político nacionalista, agrarista, ilustre xornalista e loitador incansábel das liberdades, polas cales sacrificou a súa propia vida. Nos primeiros días do golpe militar foi detido e encarcerado na illa de San Simón. Asasinado o 10 de novembro de 1936, o seu corpo sen vida apareceu na gabia dunha estrada de Redondela.Programa do acto:
* 20:30 h. BENVIDA na Rúa Lustres Rivas aos /ás asistentes por parte de Xosé Antonio Vázquez Cobas, presidente da A.C. Altofalante
* 20:45 h. SEMBLANTE BIOGRÁFICO DE LUSTRES RIVAS. Será a cargo de Luís Teira, directivo da A.C. Altofalante e concelleiro do BNG en Ribeira, que lerá unha breve biografía do homenaxeado.
* 21:00h. OFRENDA FLORAL preto da placa de Lustres Rivas e AGASALLO aos asistentes dunha breve BIOGRAFÍA de Manuel Lustres Rivas.
* 21:10h. PASARRÚAS pola RÚA DE GALICIA ata chegar a Rúa ALEXANDRE BÓVEDA.
* 21:15 h. INTERVENCIÓN POÉTICA. Homenaxe a Alexandre Bóveda a cargo de Antón Parada Bretal.
* 21:30 h: OFRENDA FLORAL na Rúa Alexandre Bóveda.
Amenizarán os maestros gaiteiros Pepe Romero e Maño, que interpretarán diversas pezas na memoria de Lustres Rivas.
Imaxe do acto celebrado en 2009, en homenaxe a Alexandre Bóveda
Día da Galiza Mártir
Por iniciativa dos galegos no exilio e na emigración, o día 17 de agosto foi proclamado Día da Galiza Mártir en nome de Alexandre Bóveda e de todos os demócratas e nacionalistas desaparecidos a consecuencia do alzamento fascista de 1936.
|
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario