19.4.11

Vai de Roda premiada na Estrada

Vai de Roda de Rianxo acada diferentes premios na Estrada

Dous grupos da Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda de Rianxo veñen de colleitar diferentes premios nunha nova edición do prestixioso concurso de baile tradicional que organiza a agrupación estradense Tequexetéldere, que tivo lugar este domingo nun ateigado auditorio da Estrada no que se chegaba a súa VII edición.

Participaron agrupacións e colectivos culturais con escolas de baile tradicional das provincias de Pontevedra e A Coruña, algunha delas das máis prestixiosas como Cantigas e Agarimos, Xacarandaina, Donaire, A Pontevella ou Os Xeitosos de Trazo, o que dá idea da competencia e o bon nivel do concurso.

Na categoría dos máis novos,menores de 9 ano,s venceu o grupo O Muiño da Retorta, do colectivo Pontevella de Teo, por diante do grupo Sete Ferreñas de Vai de Roda, de Rianxo que quedou segundo.

Na categoría de 9 a 12 anos venceu o grupo Nove Ferreñas, de Vai de Roda de Rianxo, por diante dos Xeitosos, de Trazo.

A charanga tradicional Vai de Roda recolleu tamén o premio ao mellor acompañamento e a asociación tamén colleitou o premio ao mellor vestiario.

Vai de Roda amosa a súa satisfacción polo que isto supón de recoñecemento dun traballo e dun esforzo de nenos e nenas, das familias e do profesorado.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

RIANXO - II Festival Folclórico Galego

O vindeiro domingo de Pascua, terá lugar no Auditorio de Rianxo a segunda edición do Festival Folclórico Galego, que organizado polo Ballet Folclórico Boirense (Asoc. Amas de Casa de Boiro), contará coa participación das agrupacións que de seguido se detallan:
- Ballet Folclórico Boirense
- Agrupación Folclórica "Verdes Piñeiros" de Asados
- Grupo de Música Tradicional "Rio de Anxo"
- Agrupación Folclórica C.E.A.R. "Castromao" de Mondariz
- Escola de Danza "Vila de Baiona"
- Agrupación Folclórica "Hai que roelo" de Cuntis

Interesados/as en asistir ó festival poden retirar as entradas (máximo 2 por persoa) no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo unha hora antes do Festival. AFORO LIMITADO.

Ii_festival_folclorico_galego

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

COLOCADOS OS SOPORTES DA BALIZA QUE A AUTORIDADE PORTUARIA DE VILAGARCÍA INSTALARÁ NOS PETÓNS DE CENTOLEIRAS

Santa Uxía de Riveira, 19 de abril de 2011.- O Concello de Riveira
informa de que, segundo as informacións proporcionadas pola
Autoridade Portuaria de Vilagarcía, na mañá de onte finalizaron
as perforacións para a colocación dos soportes da baliza que
se vai instalar nos petóns de Centoleiras, na bocana da ría de
Arousa. Xa están colocados todos os pernos e tamén se tomaron
as pertinentes medidas co obxecto de proceder á fabricación das
bases e posterior colocación da estrutura.

A Autoridade considera este avance moi significativo, pois xa
non se está a expensas das condicións meteorolóxicas para a
instalación da baliza.

Cabe recordar que a colocación desta nova baliza nos petóns
de Centoleiros (punto situado entre as illas Centoleiras e a illa
Vionta) ten por obxectivo mellorar a sinalización na entrada á
ría de Arousa. O presidente da Autoridade Portuaria, Javier
Puertas Castillo, e o alcalde de Riveira, José Luis Torres Colomer,
mantiveran o pasado 24 de marzo unha reunión para tratar este e
outros asuntos.

Centoleiras

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical