Vai de Roda de Rianxo acada diferentes premios na Estrada
Dous grupos da Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda de Rianxo veñen de colleitar diferentes premios nunha nova edición do prestixioso concurso de baile tradicional que organiza a agrupación estradense Tequexetéldere, que tivo lugar este domingo nun ateigado auditorio da Estrada no que se chegaba a súa VII edición.
Participaron agrupacións e colectivos culturais con escolas de baile tradicional das provincias de Pontevedra e A Coruña, algunha delas das máis prestixiosas como Cantigas e Agarimos, Xacarandaina, Donaire, A Pontevella ou Os Xeitosos de Trazo, o que dá idea da competencia e o bon nivel do concurso.
Na categoría dos máis novos,menores de 9 ano,s venceu o grupo O Muiño da Retorta, do colectivo Pontevella de Teo, por diante do grupo Sete Ferreñas de Vai de Roda, de Rianxo que quedou segundo.
Na categoría de 9 a 12 anos venceu o grupo Nove Ferreñas, de Vai de Roda de Rianxo, por diante dos Xeitosos, de Trazo.
A charanga tradicional Vai de Roda recolleu tamén o premio ao mellor acompañamento e a asociación tamén colleitou o premio ao mellor vestiario.
Vai de Roda amosa a súa satisfacción polo que isto supón de recoñecemento dun traballo e dun esforzo de nenos e nenas, das familias e do profesorado.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario