22.10.12

Ribeira: novo camiño arranxado en Agrelo, na parroquia de Olveira

Ribeira, 22 de outubro de 2012. O Concello informa da conclusión dunha nova actuación pertencente ao PEIM Rural (Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural, de financiamento autonómico), de resultas da cal se procedeu á mellora e acondicionamento dun camiño que está situado no lugar de Agrelo, na parroquia de Olveira.

Para evitar enchoupes

A intención do Executivo á hora de acometer esta obra consistiu principalmente en evitar o enchoupe que rexistra esta vía nas épocas de moita chuvia, para molestia dos viandantes e condutores que a frecuentan.

As accións de mellora emprendidas incluíron o perfilado da rasante con motoniveladora, a construción do firme con zahorra artificial e o estendido de aglomerado asfáltico con base de macadam.

Co fin de incrementar a seguridade viaria, tamén se colocou un sinal de Stop no cruce desta vía.

Cabe lembrar outras actuacións realizadas no municipio con cargo ao PEIM Rural –por un valor global superior aos 48.000 euros- entre as que se inclúen melloras de camiños en Castelos (Aguiño), Poi (Castiñeiras), Meixe (Oleiros), Gándara (Artes) e no cruce do Vilar (Carreira).

Pode que tamén lle interese:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: Delio Sánchez amosa "Alén da paisaxe, pinturas da terra" no auditorio ata o 10 de novembro

  • A inauguración da exposición Alén da paisaxe, pinturas da terra, do pintor Delio Sánchez, ten lugar o martes, 23 de outubro, ás 20:00 horas, na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo
  • A exposición poderá visitarse dende o 23 de outubro ao 10 de novembro
    Diptico_Exp_Delio_Sánchez_Rianxo.pdf Download this file

     Para máis información sobre o artista poden consultar a súa páxina web http://delisanchez.com/

Outras propostas culturais en Rianxo en vindeiros días:
  • PROXECCIÓN DA PELÍCULA "LOS MUERTOS VAN DEPRISA"
    • DÍA: venres 26 de outubro
    • HORA: 20.30 h
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo

A película está dirixida por Angel de la Cruz, gañador de 3 premios Goya e protagonizada por Neus Asensi, Chete Lera, Manuel Manquiña, María Castro, Belén Constenla, Sergio Bermúdez, Xosé Manuel Olveira, Rosa Álvarez, Gonzalo Uriarte, Antonio Durán e Ernesto Chao. É a longametraxe máis premiada do cine galego, con 9 premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.

Trátase dunha comedia e está destina a todos os públicos.

A proxección está enmarcada dentro dun programa da Deputación da Coruña.

  • TEATRO FAMILIAR: MERLÍN A CARGO DE QUINQUILLÁNS
    • DÍA: sábado 27 de outubro
    • HORA: 21.00 h
    • LUGAR: Auditorio de Rianxo

Merlín está destinada a un público familiar, concretamente para nenos e nenas a partir de 6 anos.

As entradas (máximo 2 por persoa)  poden retirarse unha hora antes da función.

Para máis información http://www.merlinteatro.com/alfa/

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical