22.10.12

Ribeira: novo camiño arranxado en Agrelo, na parroquia de Olveira

Ribeira, 22 de outubro de 2012. O Concello informa da conclusión dunha nova actuación pertencente ao PEIM Rural (Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural, de financiamento autonómico), de resultas da cal se procedeu á mellora e acondicionamento dun camiño que está situado no lugar de Agrelo, na parroquia de Olveira.

Para evitar enchoupes

A intención do Executivo á hora de acometer esta obra consistiu principalmente en evitar o enchoupe que rexistra esta vía nas épocas de moita chuvia, para molestia dos viandantes e condutores que a frecuentan.

As accións de mellora emprendidas incluíron o perfilado da rasante con motoniveladora, a construción do firme con zahorra artificial e o estendido de aglomerado asfáltico con base de macadam.

Co fin de incrementar a seguridade viaria, tamén se colocou un sinal de Stop no cruce desta vía.

Cabe lembrar outras actuacións realizadas no municipio con cargo ao PEIM Rural –por un valor global superior aos 48.000 euros- entre as que se inclúen melloras de camiños en Castelos (Aguiño), Poi (Castiñeiras), Meixe (Oleiros), Gándara (Artes) e no cruce do Vilar (Carreira).

Pode que tamén lle interese:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical