Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
27.7.11
A Pobra: o Psoe pide nunha moción unha promesa do alcalde do ano 1997, un local para os grupos da oposición
Ribeira: presentan o libro "Sálvora. Memoria dun naufraxio" este venres 29 na Sala Museo Municipal
Vaise proxectar un pequeno documental sobre o naufraxio do vapor correo, que axiña agardamos suban á Rede para poder velo todos. Sálvora e o Concello de Ribeira levaron o lema de "moi humanitarios" por socorrer aos náufragos daquel barco -pereceron 213 persoas- e en especial catro mulleres -As heroínas de Sálvora- foron condecoradas polo auxilio que prestaron. Corría o ano -de desgraza para esta xentiña- de 1921. Neste blog -en castelán- contan toda a historia. En http://riveiranotempo.blogspot.com tamén contan a historia, con recortes da prensa en papel. En http://www.hydronauta.com pódese atopar toda a historia do vapor naufragado e fotos do mesmo.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Porto do Son: o sábado 6 de agosto, XII Festa Hortera, con homenaxe ao finado Bobby Farrell
Haberá unha homenaxe ao finado Bobby Farrell, que xa debería ter sido nomeado presidente de honra desta festa. D.E.P.
(Nadelas, Taita, Praza, Loreto) 20:30 Taita By Fotocall21:30 Playback Star By Plaza-Loreto
(Mellor playback 100 euros)23:00 Concerto By Boggie Band (Málaga)
No xardín portuario, barra by Chiringo Fonfo1:00 Cruceiro Disco Night Fever
Troy Rock'n Troy3:00 Slalom In Memoriam Bobby Farrell
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Porto do Son: do 9 ao 12 de agosto, Xornadas de Historia e Cultura
Abordarán o megalitismo, a cultura castrexa e os petróglifos
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra: o Bng insiste cunha moción no desleixo a que ten sometido o goberno local á maioría dos centros de ensino
O Bng presentou esta moción á prensa fronte ao colexio Salustiano ReyA Pobra, 27 de xullo de 2011. O Bng da Pobra volta este xoves, 28 de xullo, a meter en pleno unha moción na que se solicita que o goberno local lle preste máis atención ás condicións en que se atopan os centros de ensino deste concello.
O texto íntegro da moción é o que segue:Rosana Pérez Fernández, concelleira e portavoz do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego nese Concello, presenta, para a súa inclusión e debate na vindeira sesión plenaria ordinaria do mes de xullo, a seguinte MOCIÓN, relativa á falla de atención ao ensino público e ás deficiencias no mantemento dos centros do noso concello.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Ao longo dos últimos anos, foron moitas as ocasións nas que o BNG denunciou públicamente e diante do Goberno Municipal a falla de atención á que, por parte do mesmo, está sometido o ensino público en xeral no noso concello e, en particular, as múltiples deficiencias no mantemento dos centros que, en moitos casos, levan anos sin subsanar.
Moi lonxe queda xa aquela promesa do Partido Popular da Pobra de poñer en funcionamento o Consello Escolar Municipal (CEM), órgano que daría cabida ao debate e propostas de solución de todos os problemas do ensino no concello e á participación activa e real de toda a comunidade educativa, cuestión que é máis que evidente que nunca interesou en absoluto ao Goberno local.
Moito máis recente, deste mesmo curso, é a política de recortes que está a levar o Partido Popular na Xunta de Galiza a respecto dos servizos públicos fundamentais e que, neste caso, afecta á calidade da educación e á formación do profesorado. O Centro de Formación e Recursos (CFR), ubicado dende hai anos no Colexio Fernández Varela vén de pechar as súas portas por mandato expreso da Consellería de Educación. Unha vez máis, as máis altas autoridades educativas veñen de incumprir as súas promesas relativas á mellora do ensino e, mentres se comprometeran a suplir o peche do CFR con cursos para o profesorado nesta comarca, publican o Plan de Formación 2011-12 onde figuran cero cursos na mesma.
Tema aparte, de vital importancia para o desenvolvemento normal e diario das actividades docentes e extra-escolares e de grande preocupación para o conxunto da comunidade educativa é a desidia municipal e o incumprimento sistemático das súas competencias respecto do mantemento habitual dos centros de infantil e primaria.
As condicións inexplicábeis nas que se atopa o saneamento do Pilar Maestú e Salustiano Rey Eiras son tan vellas como as promesas e os incumprimentos do Executivo local de solucionalas. O abandono dos patios e contornas dos centros escolares é tamén un clásico do Goberno Municipal: Peches perimetrais deteriorados, falla de asfaltados, accesos aos centros en condicións lamentábeis, falla de limpeza, exceso de maleza, problemas de tráfico, aparcamento, etc., etc., etc. A todo isto temos aínda que engadir a escaseza de marquesiñas en moitos lugares onde as nenas e nenos agardan o transporte escolar.
Por todo o exposto, esta concelleira, en representación do Grupo Municipal do BNG, propón ao Pleno da Corporación Municipal a adopción dos seguintes
ACORDOS:
O Goberno Municipal:
1.- Constituirá e porá en funcionamento o Consello Escolar Municipal para que poda estar operativo nos primeiros meses do vindeiro curso 2011-12.
2.- Demandará da Consellería de Educación a reprogramación dos cursos para o profesorado, de xeito que, no 2011-2012, se podan desenvolver tamén na nosa comarca.
3.- Levará a cabo, sin máis dilación, a conexión ao alcantarillado municipal dos colexios Pilar Maestú, Salustiano Rey Eiras e tamén do IES da Pobra.
4.- Exercerá as súas competencias e velará polo estricto mantemento dos centros de infantil e primaria do noso concello, atendendo con prioridade e executando dilixentemente todas aquelas demandas das comunidades educativas e das direccións relativas ao mesmo, nomeadamente as referidas a seguridade, limpeza e adecentamento do interior e exterior dos edificios escolares.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o Pleno da Corporación emitiu unha declaración institucional de apoio á frota pesqueira
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DOS GRUPOS QUE COMPOÑEN A CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE RIVEIRA A FAVOR DA SÚA FROTA PESQUEIRA
Desde as súas orixes a economía do Concello de Riveira está intimamente ligada co sector pesqueiro do que deriva a súa maior fonte de riqueza e que constitúe a esencia das súas raíces sociais, económicas e culturais.
O traballo secular dos homes e mulleres do mar converteron a Riveira nun dos portos de baixura máis importantes de Europa, logro que sería imposible de acadar sen respecto ao medio mariño e aos recursos existentes.
Sendo isto así, o Pleno deste Concello, a súa sociedade en xeral e o sector pesqueiro en particular é consciente de que o futuro do noso municipio depende de que o cambio que necesariamente debe darse na política común de pesca (PCP) da Unión Europea ten que apoiarse no principio de sostibilidade, principio que debe basearse no equilibrio dos tres piares que o conforman, o ambiental, o económico e o social.
Botando unha ollada inicial á proposta da comisaria de Pesca da Unión Europea, Sra. Damanaki, o Pleno quere amosar a súa preocupación pola falta de equilibrio desta, no que o peso do compoñente ambiental parece esquecer que o sector pesqueiro se caracteriza por xerar emprego en zonas periféricas que na súa meirande parte non teñen alternativas económicas ao aproveitamento pesqueiro, polo que solicitamos un maior peso dentro da PCP dos aspectos socioeconómicos que necesariamente deben incidir nela.
Nesta mesma liña observamos que ante a formulación de medidas que ocasionarán importantes cambios na situación actual non se contemplan os mecanismos e instrumentos financeiros destinados a paliar os posibles efectos negativos que poidan producirse no sector e por ende en toda a economía do noso Concello.
A falta de precisión e concreción en conceptos como o enfoque ecosistémico na xestión das pesquerías, a esixencia do obxectivo de recurso máximo sostible en 2015, a xestión dos descartes, a organización común dos mercados, a gobernanza ou os referidos á costeira, a pesca artesanal ou o marisqueo son obxectivos da reforma que deben ser analizados máis polo miúdo pero do que xa se pode afirmar que adoecen de importantes eivas que deberan ser corrixidas no documento definitivo.
É por iso que o Concello de Riveira, dada a importancia do sector pesqueiro que fai esta zona altamente dependente desta actividade, considera esencial a defensa do sector pesqueiro nacional e polo tanto de máximo interese a colaboración entre os responsables do goberno central e das CCAA, así como destes co sector pesqueiro co fin de consensuar propostas que teñan en conta as preocupacións do sector produtor como de todos os territorios, que coma o noso, dependa principalmente da riqueza que a pesca proporciona.
Manifestamos, igualmente, o noso apoio a todas as medidas que desde as institucións públicas responsables poidan levarse a cabo en defensa do sector e reclamamos que nos grupos de traballo que se puidesen crear para tal fin estean presentes representantes do porto de Riveira.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o Concello pasará a formar parte do padroado da Fundación Galega contra o Narcotráfico
A conferencia foi presentada polo concelleiro de Sanidade de Ribeira, quen comentou que nos vindeiros días vaise asinar un protocolo conforme o Concello pasará a formar parte do padroado da Fundación Galega contra o Narcotráfico.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o Concello contará este verán cunha unidade de policía en bicicleta
Noutras cidades galegas costeiras, como Vigo, hai policías en bicicleta Ribeira, 27 de xullo de 2011. O fronte da casa consistorial vai ser escenario no día de mañá, xoves 28 de xullo, ás 12.30 horas da presentación dunha iniciativa promovida dende o Concello para a tempada de verán, consistente nunha unidade ciclista da Policía Local que patrullará por determinadas zonas de Ribeira.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: programación das Festas do Verán, do 3 ao 7 de agosto
Ribeira, 27 de xullo de 2011. Esta mañá foron presentadas as Festas do Verán 2011 de Ribeira, nas que as principais novidades son a recuperación da procesión marítima e da sardiñada popular que se celebrará en Pedra Pateira.
Na presentación estiveron o alcalde e parte dos 20 integrantes que compoñen a Comisión de Festas, que preside Luciano Fernández. Tanto o libro das festas como a entrada para os catamaráns que participarán na procesión na honra da Virxe do Carme están a disposición dos interesados no Auditorio Municipal, de luns a venres de 19 a 21 horas e os sábados de 12 a 14 horas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia