Ribeira, 27 de xullo de 2011. Este venres 29 de xullo, ás 20:30 horas, na Casa de dona Adela, reconvertida agora en Sala Museo Municipal de Ribeira, terá lugar a presentación de "Sálvora. Memoria dun naufraxio", libro no que se narra a traxedia do Santa Isabel. O autor é Xosé María Fernández Pazos, xornalista da Radio Galega, historiador e director da revista de tecnoloxía Código Cero. Esta edición é xa a segunda. A primeira data do ano 1998.
Vaise proxectar un pequeno documental sobre o naufraxio do vapor correo, que axiña agardamos suban á Rede para poder velo todos. Sálvora e o Concello de Ribeira levaron o lema de "moi humanitarios" por socorrer aos náufragos daquel barco -pereceron 213 persoas- e en especial catro mulleres -As heroínas de Sálvora- foron condecoradas polo auxilio que prestaron. Corría o ano -de desgraza para esta xentiña- de 1921. Neste blog -en castelán- contan toda a historia. En http://riveiranotempo.blogspot.com tamén contan a historia, con recortes da prensa en papel. En http://www.hydronauta.com pódese atopar toda a historia do vapor naufragado e fotos do mesmo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario