Parabéns, rapaces!
A nova e a súa análise, no blog amigo CabodeCruz.net:
http://cabodecruz.net/o-equipo-de-futbol-do-cabo-da-cruz-campion-de-liga/
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Parabéns, rapaces!
A nova e a súa análise, no blog amigo CabodeCruz.net:
http://cabodecruz.net/o-equipo-de-futbol-do-cabo-da-cruz-campion-de-liga/
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Non hai fungos só no outono, señores! Atentos cos da asociación Refungando, que lles deu un ataque de poesía co Marasmius Oreades!
http://refungando.blogspot.com/2010/03/sacade-as-botas-xa-chegou-primavera.html
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
A Asociación Cultural Barbantia, a Editorial Toxosoutos, o Proxecto Leñaverde e La Voz de Galicia convidan a asisitir aos socios/as e público en xeral á saída dun novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do libro O fenómeno cultural da fascinoloxía. As Illas Británicas e Galiza, de Milagros Torrado. O acto terá lugar na Estación Leñaverde de Boiro, o vindeiro venres 26 de marzo, ás 20:30 horas; e nel estarán presentes a autora; o catedrático de Historia e Cultura Inglesas da Facultade de Filoloxía da USC, Fernando Alonso Romero; o director de publicacións de Toxosoutos, David González; o coordinador de Barbantia, Alberto Piñeiro; e mais o alcalde de Boiro, Xosé Deira.
Sostemos que se contraprograma porque ás nove da noite, en Ribeira, no Ateneo Valle-Inclán, a mesma editorial presenta o libro de Alejandro Llovo "Noite de Entroido". Nós seremos máis chauvinistas que ninguén e estaremos en Ribeira, por suposto...
A noticia de Ribeira está en http://certo.posterous.com/ribeira-alejandro-llovo-presenta-a-sua-primei
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Toda a información no seu blog: http://blogueiros.axena.org/2010/03/22/cursos-de-iniciacion/
A zona de escalada é cerca do castro de Baroña, unha contorna privilexiada!
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
A presentación tivo lugar esta mañá
Ribeira, 23 de marzo de 2009.- Despois do éxito acadado o ano pasado coa posta en marcha en Semana Santa dun Campamento Urbano, o Departamento de Xuventude repite experiencia cunha nova convocatoria da actividade, que está dirixida a rapaces riveirenses de entre 6 e 12 anos, ambas idades inclusive, co obxectivo de permitir que os pais poidan conciliar a súa vida laboral e familiar durante tres días laborais, entre o 29 e o 31 de marzo, que sen embargo non son lectivos para os rapaces.
Este Campamento Urbano 2010 funcionará nas xornadas sinaladas (29, 30 e 31 de marzo, luns, martes e mércores) de 10 a 18 horas, e será gratuíto para os usuarios. Ofértanse un total de 100 prazas que serán cubertas por orde de inscrición. A participación pode ser a tempo completo ou ben só nalgunhas das actividades.
A cidade vai ser o eixo central do campamento, de xeito que todas as actividades e xogos despregaranse nas prazas, rúas, parques, praias e instalacións municipais, posuíndo unha estrutura de grandes xogos de animación. Os nenos estarán acompañados en todo momento por monitores en actividades de tempo libre.
Temática india
O circo foi a temática central das actividades do ano pasado e nesta edición terá que ver co mundo dos aboríxenes de NorteAmérica (indios americanos). Tales actividades teñen como obxectivos fundamentais que os rapaces redescubran a cidade, as súas posibilidades e servizos sempre a través do xogo, e non a través de "visitas culturais"; ademais de achegarse a coñecer fisicamente o maior número de espazos posibles da cidade e coñecer alternativas de lecer que os rapaces poidan seguir realizando durante o ano.
Para inscribirse no campamento ou ben para obter máis información sobre o mesmo, hai que dirixirse á Área de Xuventude sita no Auditorio Municipal (teléfono: 981 835 650; e-mail: xuventude@riveira.com).
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia