9.3.13

Dodro: homenaxe sorpresa a catro veciñas co gallo do Día Internacional da Muller

  • Esperanza Citoula Fabeiro de Traxeito, Josefa Agrasar Diz de Revixós, Mª  Isabel Francisco Saborido de Traxeito e Felisa Rey Lorenzo de Bexo están consideradas "piares das súas familias"

Dodro, 8 de marzo de 2013. O acto, moi concorrido, celebrouse no Salón de Plenos do Concello e estivo presidido polo alcalde Valentin Alfonsín e a concelleira de Servizos sociais e igualdade Marisol Boga.

Comezou coa presentación á veciñanza do Protocolo municipal contra a violencia de xénero para continuar coa homenaxe a catro veciñas de Dodro e que ata ese momento descoñecían que ían ser homenaxeadas e se achegaron ao concello coa complicidade de familiares. A historia da vida de cada unha de elas foi narrada por un familiar achegado vivíndose momentos de moita emoción. "A Esperanza Citoula Fabeiro de Traxeito, a Josefa Agrasar Diz de Revixós, a Mª  Isabel Francisco Saborido de Traxeito e a Felisa Rey Lorenzo de Bexo, MOITAS FELICIDADES por esta merecida homenaxe", sinala en nota de prensa a concelleira de Servizos Sociais.

A vida destas mulleres que recibiron este merecido recoñecemento e que por distintas circunstancias foron e seguen sendo “o pilar dunha familia”, quedará xa para sempre plasmada nuns lenzos que despois deste acto estarán expostos no Concello. As homenaxeadas recibiron unha réplica do lenzo, diploma e ramo de flores. O acto rematou coa narradora Charo Pita e todas as mulleres recibiron un agasallo.
















Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical