6.2.12

Ribeira: no décimo aniversario do parque das Illas Atlánticas, escolares do municipio poderán coñecelo

  • Os guías do Parque visitarán 12 colexios para trasladarlle aos rapaces os valores naturais e culturais deste espazo natural
  • Tamén se convoca un premio entre os alumnos participantes que consiste nunha visita guiada, a un dos arquipélagos do Parque Nacional

Media_httpfarm5static_dfsql

As Cíes forman parte deste parque das Illas Atlánticas

Ribeira, 6 de febreiro de 2012.- A Xunta de Galicia retoma un ano máis o programa de educación ambiental Coñece as Illas Atlánticas, dirixido a alumnos de 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria. Nesta edición 400 alumnos de 12 colexios dos municipios de Vigo, Bueu e Ribeira (concellos da área de influencia socioeconómica deste espazo protexido) coñecerán os valores naturais e culturais deste espazo natural, dun xeito ameno e cunha metodoloxía participativa.

Media_httpfarm5static_rcbcc

A illa de Sálvora pertence a Ribeira e tamén forma parte do parque

Eurante este mes de febreiro, un equipo de guías interpretes do Parque Nacional mostrará aos rapaces no propio centro educativo os valores naturais do parque coa axuda de imaxes e vídeos e lles proporán unha serie de actividades coas que se pretende que os estudantes se impliquen e conciencien sobre a conservación deste espazo protexido.

A quenda para os de Ribeira, en concreto para o colexio "Sagrado Corazón" de Castiñeiras, é o vindeiro xoves 16 de febreiro. Os alumnos dos colexios asistentes, que previamente solicitaron a inclusión neste programa, participarán nun concurso cuxo premio consistirá nunha visita guiada a un dos arquipélagos do Parque Nacional, que se fallará a finais deste semestre.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: programa de Entroido 2012

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical