13.9.10

A Pobra do Caramiñal: programa completo das festas do Nazareno, do venres 17 ao luns 20 de setembro

Noia: a lea coa escollera queda resolta. Portos de Galicia cede e Costas vaina eliminar como tiña previsto. O alcalde, satisfeito


A estrutura que Costas contaba ter este ano xa eliminada pero que paralizou Portos de Galicia, que agora cede

Noia, 13 de setembro de 2010. Lémbranse da polémica que comezou en marzo deste mesmo ano entre as diversas administracións e formacións políticas autonómicas, estatais e locais por un "quítame alá esa escollera"? Pois este luns semella que foi frutífero e que por fin os noieses se van ver libres desa formación artificial de coídos que limita a navegación e afea -aínda máis- a ría de Noia cando está a marea baixa.
Publicamos un montón de notas de prensa e "contra-notas", que poden ler, se teñen paciencia e tempo, aquí ou aquí. Mais, se xa están ao tanto de todas estas batalliñas entre administracións que só levan a adiar obras necesarias para os pobos, céntrense en ler as tres seguintes, que son fresquiñas de hoxe. Como son tan o máis listos que nós, fixaranse nos matices de cada nota, segundo sexa o seu emisor e a que administración ou partido pertenza. Nós, como adoitamos facer, non cambiamos nin unha coma:

Nota de prensa do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino

La Directora General de Sostenibilidad de la Costa y el Mar del MARM recibe un nuevo informe sobre el proyecto “Demolición del Canal de Escollera de Acceso a Noia”

Puede que éste sea el último pintor de la escollera noiesa

    En este documento se rectifica el emitido por Portos de Galicia el 3 de marzo de 2010 sobre el referido proyecto.

13 de septiembre de 2010. La directora General de Sostenibilidad de la Costa y el Mar del MARM, Alicia Paz Antolín, y el presidente de Portos de Galicia, José Manuel Alvarez-Campana, se han reunido este lunes en la sede de la Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar.

Durante el encuentro, José Manuel Alvarez-Campana ha entregado a la Directora General un nuevo informe de la Xunta de Galicia en relación con el proyecto “Demolición del Canal de Escollera de Acceso a Noia”, elaborado por la Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar, y que se encuentra en tramitación ambiental en estos momentos.

Este informe rectifica el emitido por Portos de Galicia el 3 de marzo de 2010 sobre el referido proyecto y autoriza ahora la ejecución de las obras, condicionado únicamente al mantenimiento de un 10%, aproximadamente, de la escollera, que coincide con la alineación del dique que se encuentra en la planificación que está siendo estudiado por Portos de Galicia para una ampliación de las instalaciones del puerto.

En el documento, Portos reconoce que “el estado actual de esos diques y la situación de los calados en la ría restringen de manera casi completa el uso portuario de esta zona y, por lo tanto, a día de hoy, es necesario redefinir el acceso a las instalaciones del puerto de Noia y su compatibilidad con la escollera y su permanencia, tanto en longitud como dimensiones”.

En el marco de la planificación portuaria que está desarrollando el Organismo, indica que “la escollera (3.300 metros lineales) podría ser retirada, eliminando la totalidad del dique sur de 1.700 metros y permaneciendo únicamente un tramo de la alineación del dique norte coincidente con el diseñado en la planificación del puerto indicada anteriormente, lo que supone aproximadamente el 10% (330 metros) de la totalidad de la longitud de la escollera actual”.

Asimismo, propone una revisión de los límites del dominio público marítimo-terrestre del puerto de Noia, dejando dentro de la zona de servicio, exclusivamente, el puerto y la lámina de agua que se corresponde a las dimensiones del mismo así como a las obras de ampliación que pudieran realizarse hacia el sur de la ría.

La Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar está estudiando el informe y agradece la colaboración de Portos de Galicia para favorecer la ejecución de un proyecto que supondrá una mejora ambiental de la ría.

Nota de prensa de Portos de Galicia (Consellería de Mar)

PORTOS DE GALICIA E COSTAS CHEGAN A UN ACORDO SOBRE O ESPAZO PORTUARIO E
PROXECTOS DE FUTURO PARA A RÍA DE NOIA

    
O organismo portuario cambiará o antigo modelo de escollera de Noia por outro mais sostible denominado “canle de dragaxe” no bordo portuario

Portos di que a escollera será substituída por unha "canle de dragaxe"

Santiago, 13 de setembro de 2010.-Portos de Galicia acadou un acordo coa Dirección Xeral de Costas polo que garante o carácter portuario de Noia e a adscrición de terreos para levar a cabo a infraestrutura do vial Brión-Noia. A ría mellorará ademais co proxecto de saneamento e rexeneración integral que levará a cabo a Xunta de Galicia, nunha actuación que mellorará os fluxos de auga e corrente necesarios para a actividade pesqueira e marisqueira. Este é o resultado dunha intensa labor de coordinación entre as administracións.
Co acordo acadado, Portos de Galicia manterá os terreos  portuarios actuais evitando o plantexamento de Costas de reverter o actual dominio público portuario o que significaría unha volta atras para estas instalacións. Polo mesmo acordo, Portos de Galicia autorizaría as obras proxectadas pola administración do Estado pero, ademais, o ente público cambiará o antigo modelo de escollera de Noia, por outro mais sostible denominado “canle de dragaxe” no bordo portuario, que permitirá  acceder a  calquera dos puntos do peirao ao longo de todo o porto de Noia. Por outra banda, os informes técnicos indicaron que non se facía necearia a escollera para sustentar os piares do vial, cousa que en principio pudo valorarse. Así mesmo, Portos de Galicia acordou a modificación dos límites de adscrición do dominio público portuario de Noia, por unha banda, cara ao desenvolvemento de novas actividades portuarias coa futura creación dunha nova dársena, e pola outra, para a execución da variante de Noia que leva a cabo a Consellería de Medioambiente e Infraestruturas, sobre terreos que adscribiría Costas que quedarían fóra da zona de servizo portuario.

Nota de prensa do alcalde de Noia, Rafael García Guerrero

O alcalde de Noia valora moi positivamente que Portos de Galicia reconsiderara a sua posición respecto do proxecto de rexeneración da Ría

Guerrero afirma que a limpeza da Ría de Noia era o principal obxectivo desta lexislatura, que xa remata nuns meses

Noia, 13 de setembro de 2010. Rafael Garcia Guerrero considera que a obra de retirada da escollera e de dragado da ría é a obra máis importante para a vila. Tras máis de tres anos de xestión só quedaba o derradeiro escollo, que era a oposición
do ente Portos de Galicia. A autorización de Portos permitirá o comezo da obra nos vindeiros meses.

Como alcalde é a maior satisfacción, xa que o compromiso da limpeza da ría era o principal obxectivo deste mandato. Lamentamos o atraso provocado, xa que se esta autorización de Portos a deran en prazo e forma xa podería ter comezado a obra, pero hai que congratularse da recuperación do sentido común de Portos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o mércores 22 de setembro, charla sobre coidadores de enfermos de Alzheimer e proxección de curtas sobre esta enfermidade


Imaxe de arquivo dun curso de Agadea sobre alzheimer en Dodro

Ribeira, 13 de setembro de 2010. O vindeiro 22 de setembro, ás 19.00 horas, o Auditorio Municipal acubillará unha charla coloquio titulada "Coidadores de enfermos de Alzheimer (unha ventá aberta ó coidado)” organizada por Agadea (Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos tipo Alzheimer), coa colaboración do Concello de Ribeira. 

No transcurso da sesión  emitiranse as tres curtametraxes finalistas do SNC-Lundbeck, que tratan e exemplifican a convivencia dos coidadores con persoas afectadas pola enfermidade de Alzheimer. Unha vez proxectados estes filmes, dous neurólogos do Hospital da Barbanza (Xiana Rodríquez Osorio e Manuel Rodriguez Yáñez) mergullaranse neste tema con maior profundidade. 

Para máis información contactar con Agadea (teléfono: 981 595 738, e-mail: agadea@agadea.org). 

Queren ver esas curtas porque non poden achegarse á charla ese día?

Ana Lorenz Fonfría - "Algo queda" é a curta gañadora, dotada con 3.000€. Podes vela en

Diego Cañizal Rallo quedou segundo finalista con "La ventana abierta", que podes ver en

Lara Pedraz Castillo foi terceira finalista do concurso e premio do público con "Hasta mañana", que podes visionar en


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical