13.9.10

Ribeira: o mércores 22 de setembro, charla sobre coidadores de enfermos de Alzheimer e proxección de curtas sobre esta enfermidade


Imaxe de arquivo dun curso de Agadea sobre alzheimer en Dodro

Ribeira, 13 de setembro de 2010. O vindeiro 22 de setembro, ás 19.00 horas, o Auditorio Municipal acubillará unha charla coloquio titulada "Coidadores de enfermos de Alzheimer (unha ventá aberta ó coidado)” organizada por Agadea (Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos tipo Alzheimer), coa colaboración do Concello de Ribeira. 

No transcurso da sesión  emitiranse as tres curtametraxes finalistas do SNC-Lundbeck, que tratan e exemplifican a convivencia dos coidadores con persoas afectadas pola enfermidade de Alzheimer. Unha vez proxectados estes filmes, dous neurólogos do Hospital da Barbanza (Xiana Rodríquez Osorio e Manuel Rodriguez Yáñez) mergullaranse neste tema con maior profundidade. 

Para máis información contactar con Agadea (teléfono: 981 595 738, e-mail: agadea@agadea.org). 

Queren ver esas curtas porque non poden achegarse á charla ese día?

Ana Lorenz Fonfría - "Algo queda" é a curta gañadora, dotada con 3.000€. Podes vela en

Diego Cañizal Rallo quedou segundo finalista con "La ventana abierta", que podes ver en

Lara Pedraz Castillo foi terceira finalista do concurso e premio do público con "Hasta mañana", que podes visionar en


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical