3.2.12

Porto do Son: os escolares do obradoiro de cinema do instituto difunden o lugar de Tarrío na Rede


Pode parecer unha aldea como outra calquera pero non: cada aldea galega é un mundo. Cada unha está configurada dun xeito distinto: cos seus bimbios, os bugallos dos seus carballos, as súas corredoiras coas silveiras nos arredores, os seus regatos pequenos e grandes, as súas fontes monumentais ao pé de muros inzados de hedriñas... Cada aldea nosa é segundo a miremos. Velaquí a visión, xa dispoñible para todo o mundo na Rede, dos alumnos de audiovisual de SonCine, o obradoiro de cinema do instituto de Porto do Son.

Pode que tamén lle interese comprobar como viron estes outros lugares:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Turismo: Arousa Norte recolleu o premio da Once polos seus paquetes turísticos accesibles para invidentes

  • A entrega dos V premios Solidarios Once Galicia, tivo lugar o xoves 2 de febreiro nun hotel da Coruña.




Barbanza, 3 de febreiro de 2012. Estes Premios Solidarios ONCE-Galicia recoñecen a labor, as iniciativas e as accións de persoas, institucións e entidades que se distinguiron polo seu esforzo a favor da igualdade, a integración social e a accesibilidade universal das persoas cegas ou con outras discapacidades e tamén dos máis desfavorecidos.

Os paquetes de turismo accesible para persoas con discapacidade visual  da Mancomunidade Arousa Norte recibiron o galardón  na categoría de Accesibilidade e Igualdade.

Á entrega asistiron, entre outros,  o actual presidente da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte e alcalde do Concello de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas; o alcalde do Concello de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez;  o alcalde do Concello da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras Rivas; o alcalde do Concello de Boiro, Juan José Dieste Ortigueira; en representación da xerencia da Mancomunidade, Pablo López Pérez; en representación da Rede de Empresarios Turísticos de Arousa Norte, Arturo Fajardo; a animadora turística da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte , Irene Maneiro Paz.

O acto conducido pola presentadora de TV Martina Canicoba e estivo presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o presidente da Once, Miguel Carballeda Piñeiro e o alcalde da Coruña, Carlos Negreira  Souto.

O presidente da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte recolleu o galardón das mans de Miguel Carballeda Piñeiro , presidente da Once. Ruiz Rivas agradeceu á Once e ao xurado este galardón e fixo un recoñecemento expreso ós predecesores da Mancomunidade “como os verdadeiros valedores deste proxecto” ; “ós empresarios da comarca que creeron no proxecto e traballaron por el” así como á Secretaría Xeral para o Turismo.

Destacou a satisfacción que supón este premio en aras da solidariedade para os catro alcaldes xa que Arousa Norte aposta pola calidade e non pola cantidade. Grazas aos paquetes de turismo accesible para cegos os visitantes, dixo, "poden sentir a riqueza  desta comarca"  e animou ao resto de concellos galegos a sumarse a este tipo de iniciativas.

Pode que tamén lle interese:





 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: do 24 ao 26 de febreiro, viaxe á neve dentro do programa "En marcha"

  • Custa 135 euros que inclúen todo para unha fin de semana de esquí
  • Teñen preferencia os mozos de Ribeira, pero tamén se poden apuntar doutros concellos
  • Hai 50 prazas

Media_httpfarm5static_ficqr

Ribeira, 3 de febreiro de 2012.- As Concellerías de Xuventude e Igualdade programan para os próximos días 24, 25 e 26 de febreiro de 2012 unha viaxe á Estación Invernal de San Isidro (León), que está dirixida aos mozos e mozas maiores de idade e se incardina dentro do programa municipal ‘En Marcha’. 

O prezo da actividade é de 135 euros, importe que inclúe autobús, guía técnico acompañante, desprazamentos na estación, aloxamento no Hostal “Pico Agujas” en réxime de media pensión (almorzo e cea), forfait para dous días e seguro de actividade. Opcionalmente pódese contratar os seguintes extras: seguro de accidente en pistas (+ 20 € os 2 días), aluguer de material de esquí: + 15 € (os 2 días), aluguer de material de snow: + 38 € (os 2 días), aluguer de casco: + 5 € (os 2 días) e clases particulares (+ 5,50 persoa/hora; para grupos de 7 a 10 persoas). 

A expedición partirá da estación de autobuses de Santa Uxía os venres 24 de febreiro, ás 15.30 horas, e regresará o domingo 26 ás 17.30 horas. O prazo de inscrición ábrese este luns (terán preferencia os mozos do municipio ribeirense pero tamén se poden apuntar doutros lugares). O número de prazas é limitado (50). 

A Estación Invernal de San Isidro encóntrase situada na Cordilleira Cantábrica ao Norte da provincia de León e no termo municipal de Puebla de Lillo (bisbarra do Alto Porma), estendéndose entre unha altitude de 1.500 a 2.100 m. sobre o nivel do mar. Con 31 Km. de dominio esquiable, a estación conta con 31 pistas para a práctica do esquí e o snowboard, así como snowpark, pista de esquí de fondo, itinerarios e múltiples rutas fóra de pista. As pistas e remontes mecánicos están repartidos en catro sectores, Cebolledo, Requejines, Riopinos e Salencias - A Raia, perfectamente comunicados entre si e, dependendo da zona de que se trate, o esquiador ten a posibilidade de elixir unhas ou outras segundo o seu nivel de esquí sexa de iniciación, medio ou alto. 

Máis información e inscricións: 

Oficina Municipal de Información Xuvenil   Oficina de Deportes

Casa da Xuventude.       Auditorio Municipal

Avda. da Constitución s/n      Praza dos Mariñeiros s/n

Tel. 981 83 52 89       Tel. 981 83 56 50

xuventude@riveira.com      deportes@riveira.com

www.riveira.com     

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a Sociedade Liceo convoca o seu IX Certame de Relatos

IX CONCURSO DE RELATOS.pdf Download this file

  • 1.000 euros de premio para o relato gañador
  • Prazo de presentación ata o 1 de abril
  • Fallo do xurado, o Día das Letras Galegas, que este ano se adica a Valentín Paz Andrade
  • O relato será publicado na revista "Alameda", que edita o Liceo noiés




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o novo cemiterio parroquial de Argalo contará con licenza municipal a vindeira semana

Plano cemiterio de Argalo.pdf Download this file

Media_httpfarm3static_eyfrc

Adro da igrexa de Argalo, restaurado o ano pasado

Noia, 3 de febreiro de 2012. A Xunta de Goberno Local concederá, na sesión do martes día 7 do presente mes, licenza de obras e provisional de actividade, para a construción nun novo cemiterio na parroquia de Santa María de Argalo, na paraxe denominada “Agra do Cura”. 

A parcela sobre a que se vai a construír o novo equipamento conta cunha superficie total 5.544 metros cadrados, estando clasificada na actual normativa urbanística municipal como solo rústico de distintas categorías. 

O novo cemiterio contará  cun total de 320 nichos dispostos en 10 agrupacións de panteóns de tres e catro alturas e planta rectangular. Os panteóns dispóñense en agrupacións con espazo interior cun carácter diferencial fronte ao espazo máis público da praza de acceso. As filas dos panteóns aparecen agrupadas dúas a dúas, deixando un espazo libre entre ambos de catro metros e adaptándose á topografía do terreo.  

Solución arquitectónica diáfana

A solución adoptada polos autores do proxecto técnico busca evitar a imaxe de moitos cemiterios recentes, nos que se produce unha sucesión infinita de panteóns en longos corredores que dan lugar a espazos pobres carentes de intencionalidade expresiva. A maiores, manifestan que buscan crear un recinto aberto e moi relacionado coa contorna e que ademais se adapte á topografía de xeito que modifique a parcela existente o menos posible.  O orzamento de execución material ascende a un total de 237.737,28 euros.

A parroquia de Argalo conta cun total de 17 entidades de poboación, sendo a o seu número actual de habitantes de 907 veciños e veciñas.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: Teatro do Aramio e o Concello organizan un obradoiro de teatro de febreiro a maio

A_pobra_teatro_obradoiro



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: programación do Entroido 2012

Entroido-1


A Pobra, 3 de febreiro de 2012. A poucas xornadas de que empece a celebración do Entroido deste 2012, o Concello da Pobra do Caramiñal fixo públicas as actividades programadas para eses días. O venres 17, nas instalacións do polideportivo de Venecia, terá  lugar o día de Entroidolandia, onde os máis pequenos disfrutarán dun parque de inchables, e os maiores de 15 anos poderán participar nun concurso de disfraces. Para o domingo 19 de febreiro haberá xogos populares, globoflexia e o certame infantil. E como remate de festa, o martes 21, desde as cinco e media da tarde, percorrerá as rúas da Pobra o desfile de disfraces, carrozas e comparsas.



Viaxe a Lalín: este domingo 12, á Feira do Cocido e O Corpiño


Viaxe: a Madrid, do 22 ao 25 de marzo. Anótate!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Barbanza: concellos e outras entidades coordinaranse para loitar contra a violencia machista

  • Os centros de información á muller exercerán como nexo

Media_httpfarm5static_oiuec

Ribeira, 3 de febreiro de 2012.- O Concello de Ribeira, a través do Centro de Información á Muller (CIM), e co cofinanciamento da Deputación da Coruña, atópase inmerso desde hai varias semanas na consolidación de estruturas de coordinación e cooperación entre os distintos ámbitos profesionais  dirixidos  á eficaz prevención, detección e intervención na loita contra a violencia de xénero, co fin de garantir que as vítimas de delitos de violencia de xénero dispoñan dunha actuación rápida, eficaz e coordinada.

Media_httpfarm3static_iolzi

A finalidade do acordo é a de mellorar os mecanismos existentes de comunicación e de coordinación entre os/as profesionais dos distintos ámbitos de actuación (policial, sanitario, xurídico e social),  permitindo deste xeito, unha atención integral en cada caso, así como o establecemento de pautas de actuación estruturadas e homoxéneas máis efectivas na intervención coas mulleres vítimas de violencia de xénero. 

Para a elaboración deste Protocolo xa se realizaron dúas mesas de coordinación, a última o pasado 26 de xaneiro de 2012, nas que participaron o Centro de Información á Muller, representantes de Servizos Sociais, Policía Local e Policía Nacional de Riveira, Xulgado nº 3, Fiscalía, Colexio Oficial de Avogacía, Centros educativos, Centro de Saúde de Ribeira, Hospital Comarcal da Barbanza, Unidade de condutas aditivas, Servizos Sociais do Concello de Porto do Son e A Pobra do Caramiñal e Unidade Contra a Violencia da Muller da Subdelegación do Goberno pola Provincia da Coruña.  

Está previsto que nas próximas datas se realice unha nova mesa de coordinación para garantir unhas pautas estruturadas e homoxéneas e para conseguir que as persoas afectadas por violencia de xénero reciban unha atención integral no Concello de Ribeira e os seus arredores. 

Para facilitar a redacción do acordo sobre a violencia de xénero, o Concello conta coa asistencia técnica da empresa OBZ, especializada no asesoramento a entidades públicas en materia de igualdade de oportunidades e violencia de xénero.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: escolares de Salceda de Caselas visitaron o Museo Valle-Inclán


A Pobra, 3 de febreiro de 2012. Por terceiro ano consecutivo pasaron os alumnos do IES de Salceda de Caselas pola Pobra do Caramiñal na xornada de onte, xoves 2 de febreiro, Día da Candeloria, cumprindo así co que xa empeza a ser unha visita tradicional deste centro educativo.


Un grupo de 55 persoas, entre alumnos e mestres, comezaron a súa visita achegándose ás instalacións do Museo Valle-Inclán, onde foron guiados a través das súas dependencias pola técnica do centro, Begoña Olveira, e onde, unha vez máis quixeron colaborar coa posta en escea dalgúns textos saídos da pluma de don Ramón, entre os que non podían faltar fragmentos de “Sonata de otoño”.


O percorrido continuou fóra da Torre de Bermúdez cun paseo guiado ó longo dos lugares máis ligados ó escritor dentro da vila pobrense, pasando por Villa Eugenia, a farmacia de Tato, e a Casa Grande de Aguiar, onde de xeito complementario, estes rapaces pudieron coñecer parte da historia do entorno do Castelo, o antigo barrio xudeu, a igrexa de Santiago do Deán, e dos pazos. Tamén aquí, ó pé dos muros que pechan Aguiar e O Couto, puxeron novamente en escena a lectura de fragmentos dalgunhas obras de Valle-Inclán.


Media_httpfarm4static_hkeug

Logo de comer, este grupo de Salceda completou o seu paseo subindo ó miradoiro da Curota e achegándose ata o entorno do dolmen de Axeitos.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: organizan un roteiro fotográfico por Bealo o vindeiro sábado 11 de febreiro

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical