3.2.12

Noia: o novo cemiterio parroquial de Argalo contará con licenza municipal a vindeira semana

Plano cemiterio de Argalo.pdf Download this file

Media_httpfarm3static_eyfrc

Adro da igrexa de Argalo, restaurado o ano pasado

Noia, 3 de febreiro de 2012. A Xunta de Goberno Local concederá, na sesión do martes día 7 do presente mes, licenza de obras e provisional de actividade, para a construción nun novo cemiterio na parroquia de Santa María de Argalo, na paraxe denominada “Agra do Cura”. 

A parcela sobre a que se vai a construír o novo equipamento conta cunha superficie total 5.544 metros cadrados, estando clasificada na actual normativa urbanística municipal como solo rústico de distintas categorías. 

O novo cemiterio contará  cun total de 320 nichos dispostos en 10 agrupacións de panteóns de tres e catro alturas e planta rectangular. Os panteóns dispóñense en agrupacións con espazo interior cun carácter diferencial fronte ao espazo máis público da praza de acceso. As filas dos panteóns aparecen agrupadas dúas a dúas, deixando un espazo libre entre ambos de catro metros e adaptándose á topografía do terreo.  

Solución arquitectónica diáfana

A solución adoptada polos autores do proxecto técnico busca evitar a imaxe de moitos cemiterios recentes, nos que se produce unha sucesión infinita de panteóns en longos corredores que dan lugar a espazos pobres carentes de intencionalidade expresiva. A maiores, manifestan que buscan crear un recinto aberto e moi relacionado coa contorna e que ademais se adapte á topografía de xeito que modifique a parcela existente o menos posible.  O orzamento de execución material ascende a un total de 237.737,28 euros.

A parroquia de Argalo conta cun total de 17 entidades de poboación, sendo a o seu número actual de habitantes de 907 veciños e veciñas.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical