Pode parecer unha aldea como outra calquera pero non: cada aldea galega é un mundo. Cada unha está configurada dun xeito distinto: cos seus bimbios, os bugallos dos seus carballos, as súas corredoiras coas silveiras nos arredores, os seus regatos pequenos e grandes, as súas fontes monumentais ao pé de muros inzados de hedriñas... Cada aldea nosa é segundo a miremos. Velaquí a visión, xa dispoñible para todo o mundo na Rede, dos alumnos de audiovisual de SonCine, o obradoiro de cinema do instituto de Porto do Son. Pode que tamén lle interese comprobar como viron estes outros lugares:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario