- Prazo ata o 14 de febreiro para presentarse
- Tamén valen cartas de desamor e abandono
Barbanza-Noia, 3 de febreiro de 2012. Disque "Veinte poemas de amor y una canción desesperada" de Pablo Neruda é o libro de poesía máis vendido do mundo. Iso fala do éxito literario dunha temática inagotable como o amor. Das variadas e múltiples perspectivas de abordar o asunto poden falar os convocantes do certame de cartas de amor de Radio Fene. A iniciativa cumpre 13 anos e xira dende o dia da Candeloria -2 de febreiro, cando casan os paxariños- e o San Valentín, 14 de febreiro, dia dos namorados. Tamén cabe o desamor
A persoa que resulte gañadora do certame recibirá como premio unha cea para 2 persoas e a estancia dunha noite no Hotel Pazo Libunca de Narón. Poderá gozar do galardón nun cuarto doble ou en dous individuais. Faise esa precisión porque en varios dos certames preséntaronse cartas de desamor, algunha moi desgarrada pero cunha indudable calidade literaria. Varios anos os gañadores non puideron gozar co premio. Un ano porque a persoa gañadora narraba a historia dun abandono, noutra ocasión foi unha rapaza menor de idade e o 2010 un xornalista en paro que non tivo medios para achegarse a Ferrol.
As persoas que desexen participar poden enviar unha carta de amor en lingua galega antes do 11 de febreiro, e baixo plica, ao enderezo: Radio Fene. Casa do Concello. 15500 Fene (A Coruña). Tamén se poden enviar por correo electrónico a direccion@radiofusion.eu O próximo 14 de febreiro, Dia de San Valentín, patrono dos namorados, saberase o gañador desta cita que conta entre os premiados con autores como Emma Pedreira, Adela del Río, Xosé Montero, Dolores Couceiro, Emilio Ontañón, Francisco Maceira, Alicia Fernández Rodriguez, Pablo Jablonski, Jorge Melero e Oscar Calvo. Polo xurado pasaron entroutos escritores como Bieito Iglesias, Xosé Manuel Sarille, Manuel Forcadela, Estíbaliz Espinosa, Cesáreo Sánchez Iglesias, Mario Regueira, Iria López Teijeiro, Xosé Leira, Rosa Aneiros, Dulce López Rivera e a bibliotecaria Sonia Iglesias.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario