A Pobra, 3 de febreiro de 2012. Por terceiro ano consecutivo pasaron os alumnos do IES de Salceda de Caselas pola Pobra do Caramiñal na xornada de onte, xoves 2 de febreiro, Día da Candeloria, cumprindo así co que xa empeza a ser unha visita tradicional deste centro educativo.
Un grupo de 55 persoas, entre alumnos e mestres, comezaron a súa visita achegándose ás instalacións do Museo Valle-Inclán, onde foron guiados a través das súas dependencias pola técnica do centro, Begoña Olveira, e onde, unha vez máis quixeron colaborar coa posta en escea dalgúns textos saídos da pluma de don Ramón, entre os que non podían faltar fragmentos de “Sonata de otoño”.
O percorrido continuou fóra da Torre de Bermúdez cun paseo guiado ó longo dos lugares máis ligados ó escritor dentro da vila pobrense, pasando por Villa Eugenia, a farmacia de Tato, e a Casa Grande de Aguiar, onde de xeito complementario, estes rapaces pudieron coñecer parte da historia do entorno do Castelo, o antigo barrio xudeu, a igrexa de Santiago do Deán, e dos pazos. Tamén aquí, ó pé dos muros que pechan Aguiar e O Couto, puxeron novamente en escena a lectura de fragmentos dalgunhas obras de Valle-Inclán.
Logo de comer, este grupo de Salceda completou o seu paseo subindo ó miradoiro da Curota e achegándose ata o entorno do dolmen de Axeitos.
Tamara Peña, hoxe, no Venres Caníbal: "Cando me pasa a min vexo a toda a humanidade sinalándome co dedo por bigotuda!" certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) February 3, 2012
Sanidade: abre o prazo para presentarse ao I Premio de Investigación Oncolóxica "Ramiro Carregal – Fundación La Rosa... post.ly/54v5h
— Certo (@Certo) February 2, 2012
Curiosidades estatísticas: es de Barbanza? Entón o máis seguro é que te chames Manuel ou María. Es de Noia? Pois tamén post.ly/54tPy
— Certo (@Certo) February 2, 2012
O alcalde da Pobra ameaza a un municipal con expulsalo se non borra o seu perfil no fb. @ i.imgur.com/zH0kC.jpg
— GALIZA NOVA A POBRA (@galizanovapobra) February 1, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario