3.2.12

Ribeira: do 24 ao 26 de febreiro, viaxe á neve dentro do programa "En marcha"

  • Custa 135 euros que inclúen todo para unha fin de semana de esquí
  • Teñen preferencia os mozos de Ribeira, pero tamén se poden apuntar doutros concellos
  • Hai 50 prazas

Media_httpfarm5static_ficqr

Ribeira, 3 de febreiro de 2012.- As Concellerías de Xuventude e Igualdade programan para os próximos días 24, 25 e 26 de febreiro de 2012 unha viaxe á Estación Invernal de San Isidro (León), que está dirixida aos mozos e mozas maiores de idade e se incardina dentro do programa municipal ‘En Marcha’. 

O prezo da actividade é de 135 euros, importe que inclúe autobús, guía técnico acompañante, desprazamentos na estación, aloxamento no Hostal “Pico Agujas” en réxime de media pensión (almorzo e cea), forfait para dous días e seguro de actividade. Opcionalmente pódese contratar os seguintes extras: seguro de accidente en pistas (+ 20 € os 2 días), aluguer de material de esquí: + 15 € (os 2 días), aluguer de material de snow: + 38 € (os 2 días), aluguer de casco: + 5 € (os 2 días) e clases particulares (+ 5,50 persoa/hora; para grupos de 7 a 10 persoas). 

A expedición partirá da estación de autobuses de Santa Uxía os venres 24 de febreiro, ás 15.30 horas, e regresará o domingo 26 ás 17.30 horas. O prazo de inscrición ábrese este luns (terán preferencia os mozos do municipio ribeirense pero tamén se poden apuntar doutros lugares). O número de prazas é limitado (50). 

A Estación Invernal de San Isidro encóntrase situada na Cordilleira Cantábrica ao Norte da provincia de León e no termo municipal de Puebla de Lillo (bisbarra do Alto Porma), estendéndose entre unha altitude de 1.500 a 2.100 m. sobre o nivel do mar. Con 31 Km. de dominio esquiable, a estación conta con 31 pistas para a práctica do esquí e o snowboard, así como snowpark, pista de esquí de fondo, itinerarios e múltiples rutas fóra de pista. As pistas e remontes mecánicos están repartidos en catro sectores, Cebolledo, Requejines, Riopinos e Salencias - A Raia, perfectamente comunicados entre si e, dependendo da zona de que se trate, o esquiador ten a posibilidade de elixir unhas ou outras segundo o seu nivel de esquí sexa de iniciación, medio ou alto. 

Máis información e inscricións: 

Oficina Municipal de Información Xuvenil   Oficina de Deportes

Casa da Xuventude.       Auditorio Municipal

Avda. da Constitución s/n      Praza dos Mariñeiros s/n

Tel. 981 83 52 89       Tel. 981 83 56 50

xuventude@riveira.com      deportes@riveira.com

www.riveira.com     

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical