Ribeira, 27 de xullo de 2011.Onte tivo lugar no Liceo Marítimo unha charla coloquio baixo o epígrafe "Narcotráfico: actualidade e reflexións". Os poñentes foron José Manuel Siso Bartomé, presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico e Lorenzo Santos Falagán, membro do padroado de dita fundación e experto en operacións contra o narcomercadeo, ao ser tenente da Garda Civil.
A conferencia foi presentada polo concelleiro de Sanidade de Ribeira, quen comentou que nos vindeiros días vaise asinar un protocolo conforme o Concello pasará a formar parte do padroado da Fundación Galega contra o Narcotráfico.

Á charla asistiron, ademais de veciños de Ribeira, representantes de varias entidades sociais como a Asociación Renacer, as Amas de Casa, Mans Unidas, Cáritas e Unicef.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario