9.8.10

Ribeira: recepción ás raíñas da Flor e obsequios aos veciños das parroquias con mellores xardíns

Ribeira, 9 de agosto de 2010. O alcalde José Luis Torres Colomer recibiu hoxe no salón plenario da Casa Consistorial ás diferentes raíñas da flor coroadas no día de onte con ocasión das Festas do Verán. As mesmas estiveron acompañadas dos seus xardineiros e damas de honra, nun acto no que estiveron tamén presentes na mesa presidencial a primeira tenente de alcalde Dolores Elorduy e a presidenta da Asociación de Amas de Casa, Magdalena Bringas. Asistiron a raíña das festas, Eliana Castro Fernández, e as súas damas de honra, María Pérez Diz e Raquel Graña Oujo.


As raíñas xuvenís son: Isabel Dios Bouzón (Carreira), Jenny Dios Caamaño (Artes), Alba Santos (Palmeira), Judit Hermo Fernández (Castiñeiras), Yesenia Vázquez Maneiro (Olveira), Anabel Pérez (Aguiño), Fátima Mayo (Oleiros) e Ana Mayán Blanco (Santa Uxía). 


As raíñas infantís son: Uxía Núñez Maneiro (Corrubedo), María Castrelo Vidal (Artes), María Martínez Pego (Olveira), Sofía Murciego García (Palmeira), María Puga Sampedro (Carreira), Carmen Pena García (Santa Uxía), Elaya Mancio Cayón (Castiñeiras),  Sara Fernández Ramayo (Aguiño) e Tania Rodríguez González (Oleiros). 

Premios aos xardíns

Así mesmo, o acto serviu tamén para entregar uns obsequios conmemorativos aos donos particulares de xardíns das nove parroquias que pola súa beleza foron agraciados con motivo do Día da Flor. Estes xardíns pertencen aos seguintes veciños: Dositeo Fernández (Olveira), Francis Romay (Corrubedo), Rosa Suárez (Artes), Patina Blanco (Aguiño), María Dolores Crujeiras (Carreira), Juana Doce (Castiñeiras), Rosa María Franco (Palmeira), Manola Salnés (Oleiros) e Teresa Dios (Santa Uxía). 

Así mesmo, distínguese de xeito colectivo aos veciños do Rueiro de Arriba e do Rueiro de Abaixo de Bretal (parroquia de Olveira), nos que serán colocadas sendas placas de pedra que aluden a esta distinción e que foron exhibidas durante o acto desenvolvido hoxe.


 


 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical