Dodro, 8 de novembro de 2011. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Dodro, dentro do programa de Igualdade, acaba de sacar á rúa un tríptico informativo sobre a violencia de xénero que foi remitido por correo a todas as mulleres de Dodro maiores de 16 anos.
O tríptico recolle información útil como son os criterios para detectar calquera clase de violencia de xénero, os teléfonos de contacto onde acudir e o que é máis importante, o protocolo recomendado de como actuar ante unha situación así.
Co lema DENUNCIA, NON ESTÁS SOA esta concellería pretende dar amplia información ás mulleres veciñas de Dodro sobre a violencia de xénero e tamén como campaña de concienciación a toda a poboación
Obradoiro o venres 11 de novembro
Dentro do mesmo programa de igualdade o próximo venres día 11 esta programado o obradoiro “A transmisión de roles a través da publicidade” para rapaces de 5º e 6º de primaria e 3º e 4º de ESO. Será de 16h a 20h na Biblioteca municipal.
Cabalgata única de Reis
Por outra banda, a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade está a organizar a Cabalgata de Reis do Concello, que por primeira vez Dodro terá unha Cabalgata única para todo o concello a tarde do día 5 de xaneiro.
As distintas asociacións do Concello están a colaborar na organización e estanse mantendo reunións para concretar o recorrido e as actividades a realizar para ese día e para o Nadal. Preténdese que por primeira vez Dodro teña unha Cabalgata de Reis como os demais concellos e que teña continuidade nos próximos anos e consensuada coas asociacións xa que son representantes dos veciños do concello.
Así , os Reis de Oriente solicitan axuda de voluntarios/as do concello para acompañalos na cabalgata ese día. Para máis información deberán dirixirse ao departamento de servizos sociais municipal ou chamar ao teléfono 981 802 466.
Programa "Xuntos polo Nadal"
Tamén a a mesma concellería publicita estes días o programa “Xuntos polo Nadal”, destinado ás persoas maiores que polo Nadal se atopen soas, para que pasen estas datas (do 23 de decembro ao 1 de xaneiro) acompañados dun clima de convivencia e participación na Residencia de Tempo Libre do Carballiño en Ourense.
O prazo para solicitalo é ata o 30 de novembro e poderán facelo no departamento de servizos sociais do concello ou no teléfono 981 802 466.
Pode que tamén lle interese:
Un xoguete, unha ilusión: novo programa solidario
Actividades culturais: igualdade, xénero, labores...En outubro e novembro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario