- Di que é un despilfarro de cartos do erario público que non se guía nin por criterios de eficiencia nin ambientais
- Piden que se retire o proxecto e que recúen ao escoitar aos veciños como fixeron en Porto do Son
Obras da depuradora de Corrubedo
Ribeira, 8 de novembro de 2011. A asociación Sagres, en Defensa do Litoral, manifesta o seu "desacordo co proxecto técnico de depuración presentado para o Concello de Ribeira".
As razóns que aporta para este posicionamento quedan expostas nesta nota de prensa que, fieis ao noso estilo, reproducimos íntegra:
"O modelo de depuración presentado, unha única depuradora no Parque Natural de Couso, recolle o mesmo modelo que se vén presentando desde hai 15 anos: realizar unha única depuradora no Parque Natural de Couso, sen contemplar como prioritario o tratamento das augas residuais industriais, e sen a realización dun necesario informe previo de impacto ambiental conxunto, para ver as repercusións totais de todas estas infraestructuras sobre o medio ambiente e a poboación.
Un proxecto que non se guía nin por criterios de eficiencia ou eficacia da depuración, xa que nin prevé o primeiro elo da cadea de toda depuración: a separación das augas residuais e pluviais, por ser, segundo palabras do técnico de Augas de Galicia, “necesario pero custosísimo porque habería que levantar toda Ribeira” - Nin criterios ambientais, desatendendo os plans e programas para a protección da saúde pública nas decisións que afectan á calidade do aire (artigo 16 da lei 34/2007) posto que a depuradora prevé instalarse ao lado das casas da Graña
máxime tendo en conta que os veciños de Aguiño veñen padecendo innumerables molestias e malos cheiros continuos, denunciados continuamente, producidos por varias instalacións negativas e contaminantes.
Non existen razóns que xustifiquen este sacrificio, xa que outros emprazamentos son posibles, o Parque Natural de Couso, que recibiría unha maior degradación do entorno e unha carga contaminante excesiva e abusiva posto que xa conta con varias instalación negativas e contaminantes.
Temos entendido que o emisario submariño atravesará o Parque Nacional das Illas Atlánticas e desembocará a corta distancia da praia do Vilar afectanto a zona de marisqueo e ás piscifactorías establecidas na zona polo que indubidablemente repercutirá na cría dos peixes que despois se destinarán a consumo humano.
Hai outras alternativas de ubicación da estación depuradora que non se presentan e tampouco se teñen argumentado razóns para non consideralas.
Segundo Sagres, esta infraestrutura terá unha eficiencia ecolóxica baixa en canto ao saneamento das rías e xerará no futuro enormes custos de explotación que no serán asumibles polos gastos de mantemento que comportará tal e como está deseñada (13 km de canalización de verquidos, numerosos bombeos...) e o máis importante, unha actuación temeraria desde o punto de vista económico, posto que calquera fallo no seu funcionamento tería unha afectación directa en sectores tan importantes para o desenvolvemento da zona como son o pesqueiro e o turístico.
Segue a presentársenos un proxecto sobredimensionado, e un despilfarro para o erario público.
Por último, pedimos que se tome exemplo de actuacións próximas no tempo e no espazo, como as do alcalde do Porto do Son e se dea marcha atrás a este desastroso proxecto".
Relacionadas:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario