8.11.11

Ribeira: este martes, último día para "adorar" a Copa do Mundo de Fútbol

Ribeira, 8 de novembro de 2011.- A Copa do Mundo de Fútbol chegou onte ao concello de Ribeira, nesta procesión laica que percorre a península, e xa está á vista de quen a queira contemplar ou fotografarse con ela na sala de exposicións do Auditorio Municipal ata hoxe, martes, ás 21 horas, en horario ininterrompido.

Boa parte dos edís municipais, co concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez á cabeza, xa tiveron ocasión de ollar o trofeo conquistado pola Selección Española o ano pasado en Sudáfrica, ao igual que un grande número de nenas e nenos que non se quixeron perder esta oportunidade única, como foi o caso dos alumnos e profesores do Colexio Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras. 

Outro dos atractivos que brinda a Corporación Local con motivo da estadía en Ribeira da copa do mundo é unha fotografía de gran formato na que quen así o queira se pode retratar ocupando as facianas de dous xogadores da Selección. 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical