12.11.10

Dodro: este sábado 13, obradoiro para compoñer regueifas


Festival de regueifas no que participou Fermín da Feira Nova

Dodro, 12 de novembro de 2010. Mañá, sábado 13 de novembro, terá lugar un obradoiro de regueifas a cargo de Xosé Manuel Varela e Fermín da Feira Nova (Fermín Calvo Novo, o máis vello regueifeiro de Bergantiños) a partir das sete da tarde, organizado pola concellaría de Cultura do concello de Dodro dentro do programa "Letras Vivas" da Xunta de Galicia.


O obradoiro de regueifas realizarase no local social de Imo (antiga escola unitaria) a partir das 19.00 h, coincidindo co Magosto que organiza a Asociación de Veciños San Xoán de Laíño.

"Despois da última actividade de regueifas que tivo lugar coincidindo co anterior magosto celebrado na parroquia de Dodro, queremos darlle continuidade e mesmo aprender a arte de regueifar para contribuir a que esta permaneza viva como parte da nosa cultura,´ao igual que as festas populares como os magostos", según dí o concelleiro de Cultura, o nacionalista Abel Tarrío. A actividade diríxese a todos os públicos.

Quen é Fermín da Feira Nova?


Faise chamar Fermín da Feira Nova (Coristanco) porque alí reside dende o 1961, "que foi cando me casei". Naceu no 1936 no municipio de Cabana. "Empecei cando tiña uns 35 anos", afirma. O futuro da regueifa, como todos os seus compañeiros, veo "moi mal: a xente non quere aprender e os que estamos xa imos marchando". Bota en falta a unión para protexer e recuperar esta arte: "Propóñense cousas e todo vai quedando en nada, aínda que eu xa corrín moito" e sinala, tamén que os mozos de hoxe non amosan interese: "Canto eu daría por poderlle ensinar isto aos rapaciños, aínda que non foran máis ca dous". Vía Regueifa.org

Relacionada:


Magosto-Samaín 2010: crónica e fotos

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical