O PSdeG recolle as reivindicacións de opositores que levan agardando meses para tomar posesión como funcionarios
Tuñas interpelaran ao goberno sobre os retrasos “inxustificados” na toma de posesión como funcionarios
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2010. O portavoz da Área Institucional do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage Tuñas, recolleu hoxe as reivindicacións dos opositores que levan meses agardando para tomar posesión como funcionarios. O deputado socialista estivo hoxe presente na protesta dos opositores, ás portas de San Caetano, onde os opositores denunciaron a falta de veracidade nos prazos anunciados por Función Pública. Lage Tuñas anuncioulles que dende o grupo socialista interpelarán ao goberno de Núñez Feijoo no pleno do Parlamento sobre os retrasos “inxustificados” na toma de posesión como funcionarios dos opositores que hoxe se manifestaban en Santiago de Compostela. Ademais presentou hoxe unha nova iniciativa recollendo as demandas dos opositores. “José María Barreiro (Director Xeral da Función Pública) mentiu e creou confusión, xa que non é certo que a semana que vén os opositores vaian a tomar posesión das súas prazas. Algúns levan dende o mes de decembro do ano 2009 agardando para tomar posesión, o que constitúe unha auténtica vergonza para a administración pública galega” espetou Lage Tuñas. “Existe un desprezo absoluto por máis de 780 opositores que levan agardando moitos meses para a súa toma de posesión como funcionarios e polo que se ve van seguir agardando ata o ano 2011” explicou José Manuel Lage despois de manter un encontro cun numeroso grupo de opositores. O deputado socialista defenderá no Parlamento “a necesidade de que o goberno tome decisións e free a sangría de anomalías e malas prácticas que rodean ás oposicións para traballar na Xunta de Galicia”. Asegura que “dende a chegada de Alberto Núñez Feijóo á presidencia da Xunta os procesos selectivos están convertidos nun “via crucis” para centos de opositores”. Subliña tamen que o PSdeG-PSOE comparte a denuncia dos opositores na que aseguran como agora, e co goberno de Núñez Feijóo, os procesos selectivos duran o dobre que co anterior goberno socialista. Replica que “dende o PdeG-PSOE solicitamos que antes de que finalice o ano 2010 se lle asigne a súa praza a máis de 700 opositores que están agardando. Pedimos que s. tramite a toma de posesión como funcionarios dos opositores que gañaron a súa praza fai meses”. E acusou á Xunta de “estar paralizando e ralentizando os procesos selectivos sen xustificación de ningún tipo”. Lage considera que “hai un desprezo absoluto polos opositores que levan máis de dous anos traballando duro para gañar unha praza”.“O tertuliano Feijóo segue máis preocupado de opinar de todo o que non lle compete que de resolver a mala xestión que se está producindo na área de función pública da Xunta de Galicia. É preciso levar adiante unha reforma dos sistemas de acceso á función pública para garantizar a axilidade na súa xestión, a imparcialidade e a limpeza nos citados procesos selectivos, e rematar con once meses cheos de conflictos, anomalías, sospeitas de irregularidades e malas prácticas por parte do goberno galego”, rematou o outiense.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario