A Pobra do Caramiñal, polo San Martiño de 2010. O curso de formación en animación sociocultural , subvencionado pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Conselleria de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, foi clausurado hoxe. Tivo un total de 15 participantes e durou tres meses, co que acumulou un total de 325 horas.
Unha das actividades realizadas que merece destacar foi a visita teatralizada ao Museo Valle-Inclán. Nela, participantes no curso disfrazáronse de escritores relacionados con Valle-Inclán (Manuel Murguía, o marido de Rosalía de Castro, que prologou o primeiro libro do arousano ou Rubén Darío, así como do propio Valle) e guiaron aos demais nun interesante roteiro polo museo adicado ao escritor.Teñen previsto facer as prácticas, que terán unha duración dunha semana, durante catro horas ao día , nas Unitarias do Concello e na Gardería Monte Carmelo; coas que xa se puxeron en contacto, para o seu comenzo inmediato.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario