O Altofalante 2009 fora para a Cofradía da Dorna de Ribeira
A Xunta Directiva da Asociación Cultural Altofalante, celebrada o sábado 2 de outubro de 2010, entre outros asuntos, por unanimidade acordou:
Conceder o premio Altofalante do Ano 2010, á Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística (CGEDNL)
Esta entidade agrupa a profesorado e Equipos de Normalización Lingüística que desenvolven a súa actividade no seo dos centros de ensino do país, de cara a que o alumnado saia da escolarización obrigatoria sendo competente na nosa lingua.
A Xunta directiva destacou como méritos á hora de conceder o premio, os seguintes:
- Ser quen de xuntar a unha parte moi importante das comunidades educativas de Galicia de cara a coordinarse e actuar conxuntamente no ámbito da normalización lingüística nos centros.
- Participar activamente -dando argumentos pedagóxicos e lingüísticos- da necesidade de que o noso idioma teña maior presenza no sistema educativo.
- A capacidade para integrar no seo da organización a profesionais do ensino público, privado e privado-concertado e de todos os niveis educativos.
- Organizar campañas de sensibilización e dinamización da nosa lingua como poden ser “Orgullosos no noso. Orgullosos do Galego” que foron un grande éxito de proxección pública.
Así mesmo por acordo da Asemblea Xeral da Asociación Cultural Altofalante, a Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística será nomeada “socio de honra” de dita asociación.
A Xunta Directiva de Altofalante fará público o fallo do premio uns días antes do 13 de Novembro, “Día da Dignidade de Galicia”.
O premio entregarase o vindeiro sábado 20 de Novembro ás 20:00 horas no Conservatorio Municipal de Ribeira.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario