En xullo deste ano houbo varios concertos de saxo en Ribeira Ribeira, 11 de novembro de 2010. Esta próxima fin de semana (o sábado 13 e o domingo 14) terá lugar no Conservatorio Profesional de Música de Ribeira o segundo encontro do curso 2010/2011 da Aula Galega de Saxofón.
Os estudantes de saxofón chegados de conservatorios como o Profesional de Vigo, Profesional de Pontevedra, Profesional de Santiago, Profesional de A Estrada, Profesional de Ponferrada, Escola de Música de Valga, Escola de Música de Vila de Cruces, Escola de Música de Ribadumia, así como alumnos do Conservatorio Profesional local, terán unha nova oportunidade para ampliar e perfeccionar os seus coñecementos co mestre Rodrigo Vila (profesor do Conservatorio Superior das Illas Baleares).
Este seminario é unha iniciativa pioneira do Conservatorio Profesional de Música de Ribeira e ten como responsable de organización ao seu profesor de saxofón, José Fungueiriño Ramos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario