Ribeira, 12 de novembro de 2010. Este venres, a Presidenta de AMICOS, Esther Vidal, recibiu de mans da Secretaria Xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, e do Delegado de AENOR en Galicia, Martín Pita; alcalde do Concello de Ribeira, Jose Luís Torres Colomer; e do Deputado Provincial Manuel Sande a certificación de calidade outorgada por AENOR UNE-EN 158201 / 2007 para o servizo de centro de día Esta certificación é a primeira outorgada en todo España a un Centro de Día, o que sitúa a AMICOS como un centro de referencia a nivel autonómico e estatal, e colócao na área de calidade o carón de moitos centros tecnolóxicos. Durante o acto foron moitas as mostras de apoio e felicitacións que as distintas autoridades mostraron polo traballo feito por AMICOS durante estes 10 anos e destacouse de maneira considerable o traballo realizado tanto nos seus proxectos como na xestión dos distintos centros e servizos que a entidade ten en funcionamento. Así mesmo mostraron o seu apoio aos proxectos que a entidade ten en marcha e que consideraron moi importantes para o colectivo das persoas con discapacidade. A obtención deste certificado supón a consolidación do proxecto de calidade e excelencia levada a cabo durante estes últimos dous anos, o cal posiciona a AMICOS e os seus centros como referentes a nivel estatal en política de calidade. Antes anunciamos:
Amicos: este venres 12, novo certificado de calidade
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario