25.11.09

Arte: O Musedo do Gravado cedeu 43 obras de Rodolphe Schönberg ao Museo Marítimo de Bilbao


Co gallo do sexto aniversario da apertura do Museo Marítimo de Bilbao organízase, entre outros actos, unha exposición de gravados -coa técnica da augaforte- do artista belga Rodolphe Schönberg. As 43 obras expostas, que reflicten os ríos de Zelanda, nos Países Baixos, e pequenos portos nos seus arredores, son propiedade da Fundación do Museo do Gravado de Artes, en Ribeira, que as cedeu temporalmente.

A mostra de Schönberg pódese visitar ata o 28 de febreiro de 2010. Nela pódense ver estampas mariñas que o autor (Bruxelas, 1901- Bruxelas, 1944, fusilado polos nazis) ideou nas súas viaxes por América Central, Dinamarca e Inglaterra. Foron impresas na súa maioría en papel francés Rives.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical